A tibia é un óso humano longo que ocupa a parte interna da perna. Recibe o nome vulgar de canela.
Estrutura Presenta, como todo óso longo, unha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise distal.
Epífise proximal: Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies. Superficie superior: Presenta dúas pequenas escavacións, destinadas a artellarse cos meniscos do xeonllo. Entre eles hai unha pequena espiña que separa dúas áreas de inserción: unha preespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unha retroespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior. Superficie inferior: É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a puberdade. Superficie anterior: Atopamos dous tubérculos, un anterior (tubérculo tibial anterior), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral (tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy), onde remata o músculo tensor da fascia lata e comeza o músculo tibial anterior. Superficie posterior: Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns: Tendón directo: É o tendón que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade. Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna. Tendón poplíteo oblicuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo. Superficie interna: Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos: Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso. Plano fondo: Máis curto e menos ancho. Superficie externa: Insírese nela parte do músculo poplíteo e o ligamento lateral externo do xeonllo. Diáfise Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior: Semitendinoso Recto interno da coxa Sartorio Superficie externa: Nos dous terzos superiores insírese o músculo tibial anterior Superficie posterior: Insírense: Músculo poplíteo Músculo sóleo Músculo tibial posterior Músculo flexor longo do primeiro dedo Bordo anterior: Vaise desprazando cranio-caudalmente cara a parte interna. É un bordo moi afiado. Bordo interno: Pouco importante. Bordo externo: Artéllase co peroné. Véxase Articulacións tibio-peroneas Epífise inferior: Superficie anterior: Pasan os tendóns de: Músculo tibial anterior Músculo extensor común dos dedos do pé Músculo extensor propio do I dedo Músculo peroneo anterior Superficie posterior: Paso do músculo tibial posterior e dos músculos flexores. Superficie superior: Continúase co resto do óso. Superficie inferior: Artéllase co óso astrágalo. Superficie interna: Continúase co maléolo tibial Superficie interna do maléolo: É unha superficie subcutánea. Os impactos nela ocasionan moita dor. Superficie externa do maléolo: É unha superficie articular. Artéllase co astrágalo. Base do maléolo: Continúase co resto do óso. Vértice do maléolo: Insírese o ligamento lateral interno do nocello. Superficie externa: Presenta unha faceta articular para o peroné. Véxase articulacións tibio-peroneas
Funcións Ademais da función de sostén, contribúe á mobilidade do xeonllo e á do nocello.
Articulacións da tibia Ademais das xa mencionadas do nocello e o xeonllo, están as articulacións tibio-peroneas.
Categoría:Esqueleto