Every Best Single 2 é o terceiro álbum recompilatorio de grandes éxitos do grupo de J-Pop chamado Every Little Thing, lanzado ó mercado o 10 de setembro do ano 2003 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum é a continuación de "Every Best Single+3", contendo tódolos singles lanzados pola banda dende "Pray", ata o vixésimo primeiro single lanzado en 2003, "Fundamental love". Ademais inclúe dúas novas cancións como agasallo, que son dúas gravacións acústicas de sinxelos antigos da banda. Tódalas cancións do álbum están ordenadas en forma cronolóxica de acordo á orde nas que foron lanzadas ó mercado. Nas primeiras edicións, o álbum distribuíase acompañado dun DVD que incluía o vídeo promocional de "Fundamental love", ademais de imaxes de como fora gravado o devandito vídeo e un pequeno documental sobre o grupo.

Lista de temas

CD

# Título 1. Pray 2. sure 3. Rescue me 4. 5. fragile 6. Graceful World 7. jump 8. 9. 10. UNSPEAKABLE 11. nostalgia 12. Grip! 13. 14. For the moment (Acoustic Version) 15. (Acoustic Version)

DVD

# Título 1. 2. Recording Scene 3. Live & Documentary Scene Digest

Categoría:Álbums de Every Little Thing Categoría:Álbums musicais de 2003