Agapito García Atadell, nado en Viveiro o 18 de maio de 1902 e finado en Sevilla o 15 de xullo de 1937, foi un obreiro tipógrafo e sindicalista galego. É coñecido polo seu papel durante a guerra civil española, ao dirixir unha checa en Madrid durante os primeiros meses da contenda e pola súa participación na represión. O seu nome quedou asociado coas checas e coa represión republicana en Madrid durante a contenda. Fuxido da zona republicana pouco antes da Batalla de Madrid, foi capturado polos franquistas, xulgado e executado.

Traxectoria miniatura|300px|Os deputados socialistas Lamoneda, Anastasio de Gracia e Bugeda, co director das Milicias de Investigación, Agapito García Atadell, e un grupo de milicianos dos que traballaban ás súas ordes, entre eles Pedro Penabad Rodríguez. Obreiro tipógrafo e sindicalista. Militou na Asociación General del Arte de Imprimir, en 1927 era Secretario xeral do Comité Central da Federación de Juventudes Comunistas. En 1928 trasladouse a Madrid para traballar nos talleres de El Sol e de La Voz. Ingresou na Agrupación Socialista de Madrid en 1930 e foi un destacado militante do Partido Socialista Obrero Español durante a Segunda República, máis próximo a Indalecio Prieto do que a Largo Caballero. Estivo na cadea trala folga xeral revolucionaria de 1934.

Guerra civil Despois do golpe de estado de Franco, o PSOE decide reforzar a policía con republicanos leais. Á fronte dunha desas brigadas, denominadas Milicias Populares de Investigación criminal, formada por 48 homes, sitúase García Atadell.

A brigada que actuaba violentamente e sen mediación de procesos xudiciais, foi responsable en total de ata 800 detenciónsDefending the Republic: The García Atadell Brigade in Madrid, 1936 , de Julius Ruiz, Journal of Contemporary History, Vol. 42, No. 1, 97-115 (2007) de persoas vencelladas ao bando golpista, á Igrexa ou en xeral á dereita, moitas delas asasinadas. Ademais, as detencións serviron como fonte de financiamento, e as brigadas recadaban grandes cantidades en diñeiro e xoias"un solo saqueo realizado en la casa número 5, de la calle Conde de Xiquena, les ha proporcionado 4 millones de pesetas en metálico, joyas y objetos de arte", Heraldo de Madrid, 20/8/1936. Os editoriais dos dous principais xornais socialistas El Socialista e Informaciones, apoiaron as súas actuacións.

Fuxida e captura miniatura|250px|Fotografías en 1937, logo da súa detención polos franquistas. En outubro de 1936, García Atadell, canda ao seu colaborador Pedro Penabad Rodríguez e as súas respectivas parellas, tentaron escapar clandestinamente de España polo porto de Alacant alegando que precisaba realizar un servizo de contraespionaxe. Nesa cidade conseguiu un visado de cidadán cubano e embarcou para Marsella no buque arxentino 25 de mayo. Dende Marsella marcharon a Saint-Nazaire, onde embarcaron cara a Cuba no transatlántico francés Mexique o 19 de novembro. Pero o buque aportou dúas veces en territorio controlado polo exército golpista: primeiro na Coruña e logo en Santa Cruz de la Palma, onde finalmente García Atadell e Penabad foron detidos. Foron trasladados primeiro a Santa Cruz de Tenerife e logo a Sevilla, onde lles fixeron un consello de guerra e os condenaron a pena de morte, sendo executados no garrote vil polo verdugo Cándido Cartón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Milicias Populares Galegas Checa (guerra civil española)

Ligazóns externas Desmemoria de García Atadell, Paracuellos y Amor Nuño 2008 .

Categoría:Executados no garrote vil Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinos Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Represaliados polo franquismo