miniatura|dereita|Estatua de Martiño de Dumio. A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.
Historia No ano 558, estando no trono o rei suevo Carriarico, Martiño de Dumio conseguiu que Dume fose elevada á dignidade episcopal, tornando a igrexa en catedral e constituíndo formalmente o bispado de Dumio con dominio directo sobre o territorio dependente do mosteiro.
Coa caída da monarquía visigoda e a invasión musulmá da Península Ibérica, o último prelado acolleuse no norte de Galicia na antiga sé de Britonia, aínda que titularmente permanecesen bispos de Dumio. Coa toma militar das prazas musulmás tempo despois o pequeno territorio da diocese de Dumio foi incorporado na diocese de Braga.
Actualmente, o título de bispo titular de Dumio continúa a ser usado por bispos auxiliares, á semellanza do que sucede con outras dioceses históricas de Portugal extinguidas.
Lista de bispos Martiño de Dumio (556-579) Xoán (589) Benxamín (610) Xermán (633) Recimiro (646-653) San Froitoso (656) Leodixisio (675) Liúva (681) Vicente (688) Fiz (693-716) Rosendo (867, 881, 907) - primeiro bispo coñecido con residencia en Mondoñedo. Sabarico (907-925/926) San Rosendo (927-951) Teodomiro (967, 974) Hermentario ou Armentario (985, 1012) Sueiro I (1015, 1022) Nuno (1025, 1027) Alvito (1042, 1062) Soeiro II (1058-1064) Gonzalo (1071-1111?)
Bispos titulares de Dume
Manuel Ferreira Cabral (1972-1981) Carlos Francisco Martins Pinheiro (1985-2010)
Categoría:Divisións territoriais católicas en Portugal Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Dioceses