Miguel Ángel Blanco Garrido, nado en Ermua (Biscaia), o 13 de maio de 1968 e finado en Lasarte o 13 de xullo de 1997, foi un político do PP secuestrado e asasinado por ETA.

Traxectoria Fillo de galegos de Xunqueira de Espadanedo e A Merca, licenciouse en Económicas na Universidade do País Vasco. En 1995 afiliouse a Nuevas Generaciones, as mocidades do Partido Popular. Nas eleccións municipais dese ano presentouse nas listas do seu partido no concello de Ermua, e saíu elixido concelleiro.

Blanco foi secuestrado por ETA ás catro da tarde do xoves 10 de xullo de 1997. A pesar das diversas manifestacións que se produciron en España para pedir a súa liberación, a tarde do sábado 12 de xullo, dous días despois, apareceu nun monte con dúas feridas por arma de fogo na cabeza. Faleceu horas despois, na madrugada do 13 de xullo.

Logo da súa morte acuñouse o termo Espírito de Ermua e creouse nese mesmo ano a Fundación Miguel Angel Blanco, presidida pola irmá e promovida por Radio Televisión Española, que doou para a súa creación os ingresos obtidos nun programa de homenaxe.

Xuízo O 30 de xuño de 2006 foron condenados Francisco Javier García Gaztelu (alias Txapote) e a súa parella Irantzu Gallastegui (alias Amaia) a 50 anos de prisión polo secuestro e asasinato."Txapote" y "Amaia" cumplirán 50 años por el asesinato de Miguel Ángel Blanco, 20 minutos/Agencia EFE (30 de xuño de 2006)

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Concelleiros do País Vasco Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Secuestrados por ETA Categoría:Nados en Ermua