O escafoide é un óso da fileira proximal do pulso. Ó igual có do tarso, tamén é chamado navicular. Máis concretamente é o óso máis externo.
Estrutura e insercións Superficie anterior: Permite o paso de tendóns flexores. Superficie posterior: Relacionada co paso de tendóns extensores. Superficie superior : Artéllase co radio. Máis especificamente, coa crista radioescafolunar. Superficie inferior: Artéllase cos ósos trapecio (faceta externa) e trapezoide (faceta interna). Superficie externa: Insírense nela dous ligamentos: Inserción distal do ligamento lateral externo da cámara proximal. Inserción proximal do ligamento lateral externo da cámara distal. Superficie interna: Artéllase co óso semilunar.
Articulacións
Superiormente: Co radio. Inferiormente: Co trapecio por fóra e co trapezoide por dentro. Son artrodias. Por dentro: Co semilunar e co óso grande. Son atrodias. miniatura|Carpo humano|centro Véxase tamén Outros artigos Lista de ósos no esqueleto humano
Categoría:Esqueleto