miniatura|esquerda|Vista xeral.

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría.

É un porto moi especializado nas mercadorías a granel —carbón para a central térmica das Pontes, ferralla para a empresa siderometalúrxica Megasa, madeira e derivados— e na exportación de maquinaria, como aeroxeradores e as súas pezas, ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe fresco cunha frota pesqueira de baixura. Tamén hai un porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminal propia de carga ferroviaria.

Ría de Ferrol Na ría de Ferrol ademais do porto existen outras instalacións relacionadas: Na Graña, instalacións militares para aprovisionamento dos buques da Armada Española. En Ferrol, estaleiros Navantia (antiga Bazán). Construción de buques militares, reparacións de buques militares e civís. En Fene, estaleiros Navantia (antiga Astano). Construción naval e reparación de buques. En Mugardos, Forestal do Atlántico —con porto para graneis— e Reganosa, ambas do Grupo Tojeiro. Porto de Mugardos. Instalacións pesqueiras para pequenos buques.

Notas

Véxase tamén

Ferrol Categoría:Ferrol Categoría:Transporte na provincia da Coruña