"Alone in my Room" é o segundo single da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 17 de setembro do ano 1998 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro.

Información

"Alone in my Room", igual que ocorrera co seu primeiro single, "Love in the island", foi usado polo goberno xaponés para promover o turismo a illa de Guam. No vídeo da canción se ve a Ami sentada nunha habitación de hotel, incapaz de saír. A canción foi utilizada múltiples veces como tema de apertura de ASAYAN, un programa de televisión. O single, incluíndo tódalas cancións, foron creación do cerebro de Ami na época en Sony, Tetsuya Komuro. Dous dos remixes levan as iniciais T.K. por este motivo. O single foi o primeiro lanzado por Ami en formato maxi-single, incluíndo máis de tres cancións.

Lista de temas

# Título 1. Alone in my room 2. Love the island (TK ragga mix) 3. Alone in my room (Club TK mix) 4. Alone in my room (Instrumental)

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas totaisSemanas17 de setembro de 1998Oricon Daily Singles Chart17 de setembro de 1998Oricon Weekly Singles Chart#3353,00017 de setembro de 1998Oricon Monthly Singles Chart17 de setembro de 1998Oricon Yearly Singles Chart

Ligazóns externas

Ami Suzuki en Last.fm

Categoría:Sinxelos de 1998