é o single número 18 da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 17 de agosto do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Información Este foi o primeiro single balada de Ami Suzuki en avex. O principal que chamou a atención foi o seu vídeo musical, que entre fanáticos e foros de discusión a nivel internacional causou algo de conmoción por algunhas comparacións co vídeo musical de "alterna" de Ayumi Hamasaki. Para o vídeo musical foron usados máis recursos que quizais ningún outro traballo visual da artista, onde por primeira vez se vían efectos especiais como o feito de facer a Ami voar polas rúas da cidade.

O igual que os singles anteriores, foi lanzado en formatos CD e CD+DVD. Ambas versión do disco contiñan as mesmas cancións, e o material audiovisual é o vídeo do tema e tamén imaxes de detrás da cámara da gravación deste. O lado B do single, "Times", foi utilizado no comercial para produtos do fogar da empresa N’STREET. Este se converteu na primeira oferta de realizar un comercial para Ami dende o grande éxito que posuía entre 1999 e 2000. Unha versión remesturada desta mesma canción sería incluída dentro do single "Around the World".

Lista de temas CD # Título 1. 2. Times 3. ~Electronic Remix~ 4. ~Dub's The wish was fulfilled Remix~ 5. (Instrumental) 6. Times (Instrumental)

DVD

# Título 1. (Videoclip) 2. (Making)

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas totaisSemanas17 de agosto, 2005Oricon Daily Singles Chart#917 de agosto, 2005Oricon Weekly Singles Chart#1322,000617 de agosto, 2005Oricon Monthly Singles Chart17 de agosto, 2005Oricon Yearly Singles Chart#397

Categoría:Sinxelos de 2005