14 Andromedae é unha estrela xigante laranxa a aproximadamente 258 anos luz de distancia, na constelación de Andrómeda. Sospéitase que a estrela é unha posible variable. Pénsase que 14 Andromedae antigamente era unha estrela na secuencia principal tipo -A ou -F no inicio da súa vida. Dende o 2008, pénsase que un planeta extrasolar orbita ó redor da estrela, sendo un dos poucos planetas coñecidos que orbitan unha estrela evolucionada de masa intermedia.
Sistema planetario
No 2008, un planeta (denominado 14 Andromedae b) foi anunciado que orbitaba a estrela. O planeta atopado tiña unha masa mínima de 4,8 masas de Xúpiter e orbita nunha órbita circular que lle leva completar 186 días. O planeta é un dos máis internos descubertos orbitando unha estrela desenvolta de masa intermedia (este tipo de planetas so foran descubertos en grupos de xigantes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
6 Lyncis 81 Ceti HD 167042 Upsilon Andromedae
Ligazóns externas
Categoría:Constelación de Andrómeda Categoría:Xigantes tipo-K