A romaría da Santa Lucía é unha festa popular que se celebra na parroquia de Santalla de Rei, no concello da Pobra do Brollón, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. Características
A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro e seguía o 27. Era costume que veciños doutras aldeas da zona fosen comer ó campo da festa de merenda. Tamén era tradicional unha actuación dos monicreques de Barriga Verde. Na década de 1970 cambiouse a festa a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro (1976) ou Karina.
Actualmente a festa celébrase o penúltimo sábado de agosto, que oscila entre os días 18 e 24 dese mes. Os principais actos da xornada son a procesión e posterior misa campestre. Por ser avogosa da vista é tradición que, durante a misa, os devotos lle pasen panos a Santa Lucía polos ollos para que lles conserve a vista.
Categoría:A Pobra do Brollón Categoría:Festas de Galicia