2003 (MMIII) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano. Foi designado:

O Ano Internacional da auga doce, polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ano da cabra, segundo o horóscopo chinés.

Acontecementos No 2003 diagnosticáronse os primeiros casos de gripe aviaria H5N1 detectados en humanos na China e Corea dende 1997. 1 de xaneiro: no Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva convértese no 36.º presidente dese país para o período 2003 - 2006. 25 de xaneiro - Un grupo internacional de voluntarios parte de Londres cara Bagdad para actuaren como escudos humanos voluntarios coa esperanza de evitar a invasión dos Estados Unidos. 1 de febreiro - A lanzadeira espacial Columbia estoura sobre Texas, matando os seus sete tripulantes. 15 de febreiro - Manifestacións contra a Segunda Guerra de Iraq: entre 6 e 11 millóns de persoas en 600 cidades. 1 de marzo - As autoridades de Paquistán capturan Kahlid Shaikh Mohammed, o suposto cerebro dos atentados do 11 de setembro de 2001. 6 de marzo - A Asemblea Nacional de Cuba reelixe o líder Fidel Castro para outro mandato de cinco anos á fronte da presidencia. 8 de marzo - Nace a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. 11 de marzo - Constitución do Tribunal Penal Internacional. 12 de marzo Zoran Ðindic, presidente de Serbia, é asasinado en Belgrado. A Organización Mundial da Saúde lanza unha aberta global contra a SARS. 19 de marzo - Ataque a Iraq ("Segunda Guerra do Golfo" ou "Guerra de Iraq") por parte dunha coalición encabezada polos Estados Unidos e o Reino Unido e na que participan entre outros: Polonia, Italia, Ucraína, España, algúns países centroamericanos, Australia, o Xapón etc. 29 de marzo - Carlo Urbani, o doutor da Organización Mundial da Saúde que identificou a SARS, morre da enfermidade. 2 de abril - O Exército israelí reocupa o campo de refuxiados de Tulkarem e detén a un millar de palestinos. 4 de abril - As tropas norteamericanas deteñen a Muhammad Hamza al Zubaydi, primeiro ministro de Iraq entre 1991 e 1993. 9 de abril - Iraq: as forzas dos Estados Unidos conquistan Bagdad. O réxime de Saddam Husayn derrúbase. 14 de abril - Remata o Proxecto Xenoma Humano coa identificación do 99% do xenoma humano cunha precisión do 99,99%. 1 de maio - George W. Bush aterra no portaavións USS Abraham Lincoln e anuncia o final das operacións principais da Segunda Guerra do Golfo. 16 de maio - Nun atentado terrorista en Casablanca morren 33 persoas e máis de 100 resultan feridas. 14 de xullo - Robert Novak, columnista do The Washington Post publica o nome de Valerie Plame, destruíndo a súa tapadeira como axente da CIA. Prodúcese un escándalo pola filtración. 17 de xullo - David Kelly, antigo inspector da ONU e especialista en armas bacteriolóxicas do ministerio británico de defensa, é atopado morto após unha conversa entre a BBC e o goberno. agosto - Unha onda de calor en Europa provoca a morte de máis de 15 000 persoas en Francia, a maioría delas anciáns que vivían sós. 1 de agosto - Un terrorista suicida mata a 50 persoas, entre as que se incluían soldados rusos feridos, nun hospital en Chechenia. 11 de agosto - A OTAN asume o comando da forza de pacificación en Afganistán, no que constitúe a súa primeira operación importante fóra de Europa nos seus 54 anos de existencia. 25 de agosto - Lanzamento do telescopio espacial infravermello. 28 de agosto - Marte pasa á menor distancia da Terra desde hai 60 000 anos: 55 758 006 km. 3 de setembro - Gilberto Gil recibe o Grammy Latino como Personalidade do Ano. 10 de setembro - Estonia aproba en referendo unirse á Unión Europea. 14 de setembro - Suecia convértese no segundo país que rexeita en referendo a adopción do euro (Dinamarca fixóo en 2000). 20 de setembro - Letonia aproba en referendo a súa adhesión á Unión Europea. 15 de outubro - China lanza Shenzhou 5, a súa primeira misión espacial tripulada. 30 de outubro - A ONU retira a todo o seu persoal estranxeiro de Bagdad. 31 de outubro - O primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, retírase oficialmente, rematando o seu mandato de 22 anos. A el é acreditado o liderado da economía de Malaisia ​​a grandes alturas. 14 de novembro - Descóbrese un novo planeta no Sistema Solar, 90377 Sedna. 20 de novembro - Detención de Michael Jackson en California baixo a acusación de conduta irregular con menores. Un tribunal absolveuno en 2005 por inconsistencia dos feitos. 1 de decembro - No Reino Unido prohíbese conducir e empregar o teléfono móbil a un tempo. miniatura|150px|Saddam Hussein após a súa captura 12 de decembro - As tropas norteamericanas capturan Saddam Hussein en Tikrit. Primeiro mapa detallado da radiación de fondo, apartir dos datos do WMAP, o que constitúe o "eco" do big-bang. Constitución dos primeiros condensados de Bose-Einsein Confírmase de que os materiais con índice de refracción negativo -creados artificialmente- non violan as leis da Física. Manexo de qbits en dispositivos de estado sólido. Láser dun só átomo en Caltech. Xeración de corrente eléctrica por paso de auga por microcanais. Transmutación de radioisótopos con láser.

Nacementos Xaneiro de 2003; Greta Thunberg, activista medioambiental sueca.

Mortes 3 de xaneiro - José María Gironella, escritor e poeta español. 1 de febreiro - Os sete astronautas a bordo da lanzadeira espacial Columbia, que estourou ao volver á Terra 7 de febreiro - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco. 19 de febreiro - Francisco Taxes, dramaturgo galego. 20 de febreiro - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés. 26 de febreiro - José Carlos Rodríguez González, avogado e político galego (n. 1936). 27 de febreiro - Manuel Ferrol, fotógrafo e reporteiro galego. 13 de marzo - Lois Tobío Fernández, diplomático e escritor galego. 18 de marzo - Oles Berdnyk, activista social e escritor de ciencia ficción e fantasía ucraíno. 9 de abril - Jorge Oteiza, escultor vasco. 12 de abril - Mercedes Ruibal Argibay, pintora e escritora galega (n. 1928). 21 de abril - Nina Simone, cantante de jazz estadounidense. 25 de maio - Wenceslao Calvo Garra, médico e investigador galego. 28 de maio - Ilya Prigogine, físico e químico belga, Premio Nobel de Química en 1977. 12 de xuño - Gregory Peck, actor estadounidense. 18 de xuño - Celso Montero, político galego. 29 de xuño - Katharine Hepburn, actriz estadounidense. 4 de xullo - Barry White, músico estadounidense. 13 de xullo - Juan José Barcia Goyanes, médico e escritor galego (n. 1901). 14 de xullo - Roberto Bolaño, escritor chileno. 14 de xullo - Compay Segundo, músico cubano. 16 de xullo - Carol Shields, escritora canadense de orixe estadounidense, Premio Pulitzer en 1995. 20 de xullo - Carlos García Bayón, mestre, escritor e xornalista galego (n. 1914). 22 de xullo - Uday Hussein e Qusay Hussein, fillos do expresidente iraquí Saddam Hussein. 25 de xullo - John Schlesinger, director de cine británico. 5 de agosto - Manuel Mur Oti, director de cine, guionista e escritor galego (n. 1908). 16 de agosto - Idi Amin, ex-ditador de Uganda (n. 1928). 28 de agosto - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (n. 1916). 30 de agosto - Charles Bronson, actor estadounidense (n. 1921). 30 de agosto - Donald Davidson, filósofo estadounidense (n. 1917). 1 de setembro - Ramón Serrano Suñer, político español. 12 de setembro - Johnny Cash, cantante estadounidense (n. 1932). 25 de setembro - Robert Palmer, cantante británico. 29 de setembro - Elia Kazan, escritor e director de cine estadounidense de orixe turca. 18 de outubro - Manuel Vázquez Montalbán, escritor español. 2 de novembro - Xela Arias, poeta e tradutora galega. 10 de novembro -Francisco Bernis Madrazo, ornitólogo e biólogo español (n. 1916) 3 de decembro - Dulce Chacón Gutiérrez, escritora e poeta española (n. 1954). 6 de decembro - Hadis Alemayehu, escritor e político etíope (n. 1910). 27 de decembro - Alan Bates, actor británico (1934).

Premios Nobel Premio Nobel de Física: Alexei A. Abrikosov, Vitaly L. Ginzburg e Anthony J. Leggett Premio Nobel de Química: Peter Agre e Roderick MacKinnon Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Paul C. Lauterbur e Sir Peter Mansfield Premio Nobel de Literatura: J.M. Coetzee Premio Nobel da Paz: Shirin Ebadi Premio Nobel de Economía: Robert F. Engle III e Clive W.J. Granger

Día das Letras Galegas dedicado a: Antón Avilés de Taramancos

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:2003