O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha liga de Primeira División, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros estatais, alén do Concurso España de 1912, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.UEFA Team Ranking 2004

Logo de 46 temporadas en Primeira División, o club ocupa o posto 12º na clasificación histórica da competición. Durante a tempada 2024/25 contou con 30.556 socios, sendo o club con máis abonados de Galicia, e ten tamén 196 agrupacións de afeccionados (segundo datos de outubro de 2020).Buscador de peñas deportivistas Consultado o 27 de setembro de 2020.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.Celta e Deportivo enfrontaranse a próxima pretemporada en Latinoamérica

Historia miniatura|A fotografía máis antiga do Deportivo, 1907.

Primeiros anos miniatura|Xogadores do Deportivo en 1912 O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luís Cornide Quiroga. Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha gran rivalidade co Real Club Coruña.Inicialmente o Real Club Coruña foi denominado Corunna Foot-ball Club, en inglés. En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.

No ano 1910 o Deportivo xogou un dos dous trofeos da Copa do Rei celebrados ese ano, o organizado pola Federación Española de Clubs de Fútbol disputado en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Futbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid. En 1911, o club mudou o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña. Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paraban de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decidiu non xogar máis partidos cos coruñistas. Porén, en 1912 gañou o Concurso España, o que posteriormente sería ratificado como o primeiro título oficial deste equipo a nivel estatal.

En xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ao Coruña. A directiva non apoia a decisión, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo Auténtico. En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participou no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión por primeira vez na tempada 1926/27, rompendo a hexemonía dos equipos vigueses. Nos anos seguintes gañou en cinco ocasións máis o torneo galego, antes de que fose suprimido en 1940.

Fundación da Liga e ascenso a Primeira miniatura|esquerda|Xogadores do Deportivo en 1927 Coa creación en 1929 do campionato de liga, o Deportivo quedou encadrado no grupo primeiro da Segunda División, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing de Madrid e Deportivo, que finalizaría na oitava posición. Militaban daquela no Deportivo importantes xogadores da historia do equipo coruñés, como Isidro, Rodrigo, Fariña, Pepe Torres, Pereiro, Ramón González ou o talentoso Chacho, que co paso dos anos acabou por converterse no máximo goleador histórico do club.

O Deportivo xogou en Segunda dez tempadas ata lograr o ascenso á Primeira División na tempada 1940/41. O ano anterior fora campión do seu grupo, pero non lograra ascender ao perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo por 1-0. Na súa primeira participación en Primeira quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0). O seu porteiro, o histórico Xoán Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición, honor que volvería conseguir na tempada seguinte.En total Acuña gañaría o Trofeo Zamora catro veces: 1941-42, 1942-43, 1949-50 e 1950-51.

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ao Valencia, foi o preludio do descenso do club de novo á Segunda División. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acadou o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949/50, con Alejandro Scopelli no banco, quedando a un só punto do campión, o Atlético de Madrid de Helenio Herrera. Logo do subcampionato o club rematou en postos que lle permitían manter a categoría con tranquilidade. En 1950 o equipo fichou dous arxentinos, Corcuera e Oswaldo, que xunto a Franco, Moll e Tino formaron a dianteira coñecida como a Orquestra Canaro, que marcaría na tempada 1950/51 64 goles en 30 partidos. O club herculino permaneceu en Primeira ata a tempada 1956/57. Na tempada 1961/62 o equipo recuperou a categoría, pero a pesar do bo inicio da tempada, gañando o Trofeo Teresa Herrera ante un Benfica que viña de proclamarse campión de Europa, o equipo descendeu tras finalizar a tempada. Dende ese momento o equipo collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos, conseguindo manter a categoría só nas tempadas 1968/69 e 1971/72.

Os peores anos miniatura|Arsenio Iglesias chegou por primeira vez ao banco do Deportivo en decembro de 1970. Na imaxe o busto do adestrador que se encontra fronte ao Estadio de Riazor. O 30 de decembro de 1970, co equipo en Segunda, chegou ao banco branquiazul Arsenio Iglesias. Baixo a dirección do adestrador arteixán o equipo conseguiu de novo o ascenso á Primeira División logo de finalizar na terceira posición e conseguir unha das catro prazas de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español, que se ía ampliar a 18 equipos na seguinte tempada fronte aos 16 que viñan competindo. Arsenio conseguiría manter ao equipo en Primeira dúas tempadas, acadando a 14ª posición na tempada 1971/72. Porén, na tempada 1972/73 o equipo finalizou na penúltima posición, descendendo unha vez máis á Segunda División. Ao final da campaña Arsenio marchou para o Hércules. A partir de entón o club coruñés iniciou un longo periplo alonxado da Primeira División, que se alongou durante 18 anos.

Na tempada seguinte realizáronse fichaxes que non deron os resultados esperados, pasaron polo banco catro adestradores diferentes e o equipo, afectado tamén por lesións, tocou fondo descendendo á Terceira División logo de perder por 2 goles a 0 no campo do Barakaldo o 26 de maio de 1974. O descenso provocou a dimisión do daquela presidente, Manuel Sánchez Candamio (cuxa xestión fora moi criticada), ocupando o seu lugar Antonio Álvarez Rodríguez. Na campaña 1974/75, e baixo a dirección de José Antonio Irulegui e con xogadores como Seoane, Piña, Pardo, Canario, Piño, Vales, Castro, Muñoz e Rabadeira, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente. Na tempada do seu regreso á categoría de prata o equipo herculino acadou o 5º posto na clasificación. Con todo, desde ese momento o club experimentou un declive deportivo que finalmente o conduciu, despois de cinco anos en Segunda, a descender á recentemente creada Segunda B ao remate da tempada 1979/80. Militou na Segunda B só unha campaña, a 1980/81, na que finalizou na segunda posición, o que lle outorgou unha das prazas de ascenso directo xunto co seu máximo rival, o Celta de Vigo, que descendera tamén un ano antes. Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

Con todo, a situación económica do club, cunha débeda que non paraba de medrar dende había varios anos, e que ascendía na década de 1980 a 600 millóns de pesetas, era complicada. Por outra banda, os resultados deportivos non acompañaron, e na tempada 1987/88 o equipo estivo a piques de descender de novo á Segunda B, conseguindo a permanencia na derradeira xornada grazas ao histórico gol de Vicente, que salvou o equipo dunha posible desaparición. Ese mesmo ano marcou un punto de inflexión na historia do club coruñés, pois o 13 de xuño de 1988 celebrouse no Colexio dos Salesianos unha asemblea aberta e popular na que foi elixido presidente Augusto César Lendoiro. Logo de acceder á presidencia, Lendoiro deu os primeiros pasos para levar o equipo ao cumio, modernizando a institución e fichando xogadores de peso que aumentaran o nivel do equipo. O regreso de Arsenio na tempada seguinte e a recuperación económica deron paso, logo dun intento no 1990 que fallou, ao subcampionato e o ascenso á Primeira División na tempada 1990/91 tras case dúas décadas en Segunda División. O Deportivo pasaría de ser un equipo ascensor e ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde estaría á par dos grandes de Europa.

miniatura|O brasileiro Bebeto foi o símbolo do Super Depor. O Superdépor Logo dunha tempada de transición cun equipo que combinaba veteranía e xuventude dirixido por Marco Antonio Boronat (logo substituído por Arsenio Iglesias, que salvou o equipo do descenso), na tempada 1992/93 o club viuse obrigado a converterse en sociedade anónima deportiva. O club deseñou un modelo de accións economicamente alcanzables e primou os pequenos accionistas fronte aos grandes. Co obxectivo de non volver sufrir para manter a categoría realizáronse as fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva, e o seu terceiro posto na Liga esa tempada, realizando un bo xogo, supuxo o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor". Aínda que o Deportivo caeu na cuarta rolda da Copa do Rei fronte ao Club Polideportivo Mérida, de Segunda División, logo da quenda de penaltis, o terceiro posto valeulle ao equipo herculino para clasificarse para a UEFA Europa League por primeira vez na súa historia. Esa tempada Bebeto finalizou como máximo goleador da liga con 29 goles, converténdose no primeiro deportivista en conquistar o Trofeo Pichichi.

A tempada 1993/94 iniciouse coa viaxe do equipo branquiazul a Dinamarca para enfrontarse ao Aalborg BK, o seu primeiro rival na Copa da UEFA, ao que conseguiu eliminar por un contundente 5-1 no cómputo global, logo de caer por un gol a cero no Aalborg Stadion de Aalborg e derrotar os dinamarqueses na Coruña por cinco goles a cero o 28 de setembro. Na segunda rolda da competición europea o Deportivo eliminou ao Aston Villa inglés, que viña de conseguir o subcampionato da Premier League, por un marcador global de dous goles a un, logo de gañar o partido de volta no estadio de Villa Park en Birmingham (0-1). Finalmente o Deportivo caeu eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt alemán logo de perder por un gol a cero os dous partidos. O equipo que debutou na Copa da UEFA foi o seguinte:

Na liga, o Deportivo estivo a piques de adxudicarse a súa primeira liga, logo de manterse á fronte da clasificación boa parte da tempada e de chegar á derradeira xornada con opcións ao título. Con todo, un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido disputado contra o Valencia, que pechaba o campionato, deulle o título ao Fútbol Club Barcelona, que finalizou cos mesmos puntos que os herculinos. Ademais, esa tempada o Dépor conseguiu o Trofeo Zamora con Liaño, que converteu o Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga, o que fai unha media de 0,474 goles/partido.