Pablo Amo Aguado, nado en Madrid o 15 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Entre 1999 e 2002 xogou no Sporting de Xixón. En 2002 chegaría ao Deportivo da Coruña, sendo cedido en dúas ocasións, ao Real Valladolid en 2006 e posteriormente ao Recreativo de Huelva (tempada 2006/2007). Na tempada seguinte, 2007/2008, destacou como xogador do Deportivo cando o adestrador deportivista Miguel Ángel Lotina fíxoo un fixo no seu esquema de cinco defensas, xogando 19 partidos como titular e marcando 3 goles.
Tras non renovar o seu contrato co Deportivo quedou libre ao finalizar a tempada e o 3 de agosto de 2009 foi fichado polo Real Zaragoza, co que debutou nun partido disputado o 29 de agosto no estadio de La Romareda contra o CD Tenerife, correspondente á primeira xornada de liga, no que disputou todo o partido e que rematou co resultado final favorable ao Real Zaragoza (1–0).
Recentemente foi contratado polo Panserraikos FC da liga grega.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Panserraikos FC Categoría:Xogadores do Olympiakos Nicosia