O Emirato de Dubai (en árabe إمارة دبيّ , transliterado Imārat Dubayy), é un dos sete estados que constitúen os Emiratos Árabes Unidos, sendo o segundo deles en extensión. A capital do emirato é a cidade de Dubai, onde se acolleu a exposición mundial de 2021.

A máxima autoridade é o emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum.

Dous feitos cruciais a comezos da década dos setenta do século pasado déronlle un gran pulo ó desenvolvemento do emirato. Un foi a independencia e o establecemento da federación en 1971. O outro foi a gran subida do prezo do cru provocada pola crise do petróleo de 1973, que axudou a relanzar as finanzas do estado. O emirato contribúe en gran medida ó PIB dos Emiratos Árabes Unidos. Os servizos como o tranporte, a loxística e o turismo contribúen dun xeito crecente ó PIB do estado, desprazando á tradicional economía baseada na industria petrolífera.

Xeografía O Emirato de Dubai está situado na costa do golfo Pérsico dos Emiratos Árabes Unidos"Dubai", en Google Maps., a uns 9 msnm de altitude mediaGeographic coordinates of Dubai, United Arab Emirates , en Dateandtime.info .. Limita ao sur co emirato de Abu Dabi, ao nordeste co de Sharjah e ao sueste co sultanato de Omán a través do exclave de Hatta, que tamén fai fronteira cos emiratos de Ajmán polo oeste e co de Ras al-Jaima polo norte. Ten unha superficie de 4113 km², que representa unha expansión significativa pois nos seus inicios contaba con 3885 km², por mor das reclamacións sobre a súa soberanía no marDubai , en Dubaifaqs.com ..

O Khor Dubai é un rego que vai desde o nordeste cara ao suroeste, atravesando toda a capital. No leste da capital do emirato está a localidade de Deira, que limita co emirato de Sharjah ao leste e coa localidade de Al Aweer ao sur.

Ecoloxía esquerda|miniatura|200px|Un dugongo.

O deserto de area que rodea a capital posúe algunhas palmeiras datileiras. Os lirios crecen nas chairas occidentais dos sabkha, ao leste da cidade, mentres que as acacias e os ghaf crecen nas chairas interiores, preto das montañas occidentais de Al Hayar. Varias árbores autóctonas como a palmeira datileira e os neem, así como árbores importadas como os eucaliptos, crecen nalgúns parques naturais do emirato.

As especies animais máis comúns nos desertos da zona son a avetarda hubara, a hiena raiada, o caracal, o raposo do deserto, os falcóns e o órice de Arabia. O territorio constitúe un paso de migración entre Europa, Asia e África, polo que máis de 320 especies de aves migratorias atravesan o emirato entre a primavera e o outono. Nas augas próximas á costa viven máis de 300 especies de peixes, como o mero. Nas augas máis afastadas hai tamén peixes tropicais e medusas, así como corais, dugongos, golfiños, baleas e tiburóns. Tamén hai varios tipos de tartaruga, como a tartaruga carei ou a tartaruga verde, ambas as dúas consideradas en perigo de extinción"Flora and fauna of Dubai", en Gowealthy.com "Natural UAE" , en UAEinteract.com ..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Emiratos Árabes Unidos Emirato de Abu Zabi Emirato de Axman Fujairah Ras Al-Khaimah Sharjah Umm al Qaywayn

Dubai Categoría:Emiratos