Valverde é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordeste da illa de El Hierro, da que é a capital.
A súa localización en altitude supón que está con frecuencia cuberto polas nubes que arrastran os ventos alisios, sendo o seu clima húmido. É a única capital insular cuxo centro urbano, Villa de Valverde, non se atopa á beira do mar. Tamén é a capital insular máis occidental e meridiana.
O aeroporto da illa e o porto de La Estaca atópanse situados dentro deste municipio.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 6.508 5.033 4.888 3.1903.4743.641 5.035
Festas Cada catro anos a Virxe dos Reis (Virgen de Los Reyes), patroa da illa, baixa en romaría ata Valverde tras percorrer a illa de lado a lado. Esta romaría popular dura case un mes. Mentres a virxe está na capital, permanece na Igrexa da nosa Señora da Concepción.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do concello
Categoría:Concellos de El Hierro