miniatura|300px|Rambla Viladecans é un municipio e cidade española da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona (Cataluña). Atópase na área metropolitana de Barcelona.
É unha cidade que experimentou un crecemento demográfico moi importante nos últimos anos debido á súa proximidade a Barcelona, o que deu lugar a que no século XXI superáronse os 60.000 habitantes.
Historia O topónimo "Viladecans" é difícil de datar. Cara ao ano 1000 refírese a existencia dun lugar chamado "canis vallis" que parece coincidir co que máis tarde se denominará a "Vila de Canibus", dependente eclesiásticamente de Sant Climent de Llobregat, e que posteriormente se chamará "Lugar de Sant Joan de Viladecans". No ano 1010 estas terras eran propiedade do Mosteiro de Sant Cugat del Vallès.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 1.194 2.990 4.29424.48343.22256.11264.077
Comunicacións Viladecans historicamente sempre foi deficitaria en medios de transporte, ultimamente estase mellorando neste aspecto. A primeira mellora realizouse na década dos noventa coa construción dunha estación de Renfe, nas proximidades da cidade. Paulatinamente foise mellorando a rede de autobuses interurbanos que conectan as poboacións próximas exceptuando o aeroporto e a cidade de El Prat de Llobregat. Ademais creouse unha rede de autobuses urbanos para facilitar a mobilidade interna da cidadanía.
Lugares de interese A pesar de ser unha cidade nova nalgúns sentidos, Viladecans conserva un gran patrimonio histórico-artístico:
a Casa da Vila: da familia Modolell, edificio modernista de estilo neogótico de 1892. a Torre del Baró: mansión de señores feudais do século XII. a Torre Roja: mansión feudal fortificada con torre medieval do século XIII. Edificios relixiosos: Ermida de Sales (anterior ao século X), Igrexa de Santa María de Sales e Parroquia de San Juan.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello Portal de Viladecans Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya