A ría de Foz, é unha ría galega da provincia de Lugo, formada pola desembocadura do río Masma. Fai parte das Rías Altas. Características
As súas augas bañan os municipios de Barreiros e Foz, e fai de límite entre ambos os municipios. A boca do estuario está bastante pechada pola praia de Altar e por instalacións portuarias e de defensa da costa (praia da Rapadoira). En Foz a ría acolle un porto pesqueiro e un porto deportivo.
Foz Categoría:Foz Categoría:Zonas de especial protección para as aves