Benedito Calixto de Jesus, nado en Itanhaém o 14 de outubro de 1853 e finado en São Paulo o 31 de maio de 1927, foi un pintor e historiador brasileiro.
Traxectoria En 1883 obtivo unha bolsa que lle permitiu mudarse a París, onde ingresou na Academia Julian. Tivo como mestres a Camille Boulanger, Jules Lefebvre e Robert Fleury.
A maioría da súa obra está composta de paisaxes mariñas e temas de historia brasileira.
Véxase tamén
Categoría:Pintores do Brasil Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Alumnos da Académie Julian