A operación chumbo fundidoO nome da operación fai referencia a unha canción infantil xudía, For Chanukah, do poeta Hayyim Nahman Bialik. Why Israel Named Its Gaza War After a Hanukkah Poem, Daily Beast . (en , transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Franxa de Gaza contra os militantes de Hamas e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeralSoldiers’ Testimonies from Operation Cast Lead, Gaza 2009, Breaking the silence .Matanza nun colexio de Gaza ateigado de refuxiados , A Nosa Terra.Alberto Arce: "Israel impide evacuar a los heridos al bombardear blancos por segunda vez", rtve.es .Testimony: Eight young men killed when army bombs truck of metal workshop in Gaza City, Dec. '08, B'tselem .Five sisters killed in Gaza while they slept, The Independent .Eccidio sionista: 70 membri di una famiglia chiusi in una casa e bombardati dall'esercito di Israele , Infopal.it .ONU denuncia que Israel concentró a un centenar de palestinos en una casa y luego la bombardeó .IDF in Gaza: Killing civilians, vandalism, and lax rules of engagement , .Gaza: soldados israelíes admiten la ejecución de civiles palestinos , Clarín ., que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudíasRebelión judía contra el ataque de Israel , Público.es .), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacreIsraeli Gaza 'massacre' must stop, Syria's Assad tells US senator, Agence France-Presse.Factions refuse Abbas' call for unity meeting amid Gaza massacre , Ma'an News Agency no Turkish Weekly.Arab Leaders Call for Palestinian Unity During "Terrible Massacre" , Associated Press, en Foxnews.com.Gulf leaders tell Israel to stop Gaza "massacres", Reuters.Manifesto lido por Lluís Llach nunha manifestación en Barcelona o 10 de xaneiro de 2008.Manifesto lido en Compostela o 18 de xaneiro de 2008. e mesmo un xenocidioPalestina denuncia en el Consejo de Derechos Humanos el 'genocidio' israelí en Gaza, elmundo.es .Milleiros galegos saen á rúa para berrar contra o xenocidio en Palestina , gznación.com.Madrid berra: "paremos o xenocidio palestino" , Galicia-Hoxe.Israel accused of Gaza 'genocide'. Miguel d'Escoto Brockmann, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas condenou o asasinato de palestinos en Gaza coma un xenocidio.Chávez expulsa al embajador de Israel en protesta por el genocidio contra los palestinos, Red Voltaire .No comunicado da chancelaría dise: . Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de HamasOlmert asegura que el Ejército israelí ha logrado casi todos sus objetivos en Gaza , cuatro.com .Livni pide comprensión y tiempo a la comunidad internacional, europapress.es ., durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na franxa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamas na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridosCrece la tensión en Gaza tras la muerte de seis miembros de Hamás, El País .. Esta acción foi respondida co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinosAtaques com mísseis ameaçam cessar-fogo em Gaza, BBC Brasil.com .. Cómpre subliñar que a franxa de Gaza se atopaba en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentosIsrael mata de hambre a Gaza por Navidad ., e afogándose a por de si precaria economía da franxaThe Gaza Strip: A humanitarian implosion .. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamas asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelísHamas accede a renovar la tregua en Gaza si Israel levanta el bloqueo ., aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamas déraa por finalizada por non a ter respectadoHamas declares Israel truce over, BBC.com ..
Características xerais O primeiro día da operación israelí, o 27 de decembro de 2008, comezou cun bombardeo aéreo da franxa que rematou con aproximadamente 225 palestinos mortosMap: Gaza offensive - Week One, BBC.com . e ó redor de 700 feridosHundreds die in Israel raid on Gaza, aljazeera.net .. En resposta, os mísiles lanzados dende a franxa, acabaron coa vida dun israelí en Netivot. Os bombardeos israelís tiveron coma obxectivos as oficinas e cuarteis de HamasIsrael strikes key Hamas offices, BBC.com ., campos de adestramento, túneles para introducir mercadorías de contrabando, infraestruturas civís así como mesquitas, casas e escolas en tódalas principais cidadesIsraeli Troops Mass Along Border; Arab Anger Rises, New York Times .: Cidade de Gaza, Beit Hanoun, Khan Yunis e Rafah. Ademais do bloqueo preexistente, a Mariña de Israel procedeu a bombardear e a realizar un bloqueo por mar á franxa, da que unha mostra é o ataque a un barco que levaba 4 toneladas de axuda médica a PalestinaIsrael ataca a un barco con ayuda humanitaria, El País .. Pola súa banda incrementáronse os lanzamentos de mísiles por parte de forzas palestinas cara ó sur do territorio israelí, causando en varios días 3 mortos, varios feridos e danos materiais. O 3 de xaneiro iníciase a ofensiva por terra do territorio palestino, coa entrada da artillaría canda os soldados e mailos tanquesOs tanques israelís entran en Gaza, Vieiros., sumando estes ataques ós aéreos e ós navais.
O saldo de vítimas é de cando menos 1.314 palestinos mortosCounting casualties of Gaza's war, BBC.com .Field update on Gaza from the humanitarian coordinator , United Nations Office for the Coordination of Humanitarian Affairs. (1.417 segundo o Centro Palestino pro Dereitos HumanosConfirmed figures reveal the true extent of the destruction inflicted upon the Gaza Strip; Israel’s offensive resulted in 1,417 dead, including 926 civilians, 255 police officers, and 236 fighters , Palestinian Centre for Human Rights ., 1.387 segundo datos da oenegué B'TselemONG israelense diz que civis foram maioria das vítimas de ofensiva em Gaza, Folha Online . e 1.444 segundo as autoridades de Gaza) e 13 israelís (4 deles como consecuencia de fogo amigo)Five Israeli soldiers killed in 24 hours, as IDF closes in on Gaza cities , haaretz.com .. O número de feridos na franxa de Gaza foi de ó redor de 5.300 persoas (algúns deles con feridas moi graves, dos que algúns presentan queimaduras interpretadas como consecuencia da utilización de fósforo brancoGaza - Lo que Israel no queria que vieramos, feridos hospitalizados a partir do minuto 3 e 30 segundos (as imaxes poden feri-la súa sensibilidade).Israel sancionó militares por uso de fósforo blanco, BBC Mundo .). Outros datosGaza: Humanitarian situation, BBC.Gaza 'looks like earthquake zone', BBC. do masacre falan de 4.000 fogares destruídos en Gaza, máis de 20.000 gravemente danados, 50.800 gazatís sen fogar e 400.000 sen auga corrente, ademais de aumenta-los traumas psicolóxicos nos nenos.
O 17 de xaneiro Israel anunciou un alto ó fogo de xeito unilateral que entraría en vigor ás dúas da mañá (hora local) do 18 de xaneiro. Un día despois Hamas declarou a súa propia tregua unilateral durante unha semana para que Israel retirara as súas tropas e finalizase a ofensivaHamas, Israel set independent cease-fires , cnn.com.. Aínda así producíronse algunhas accións máis, como a morte dun soldado israelí polo estoupido dunha bomba ó paso dunha patrulla militar. En resposta o exército israelí matou un granxeiro palestinoUn soldado israelí y un granjero palestino muertos en la frontera de Gaza, elmundo.es.Clashes follow Israeli 'cessation', aljazeera.net.. O 21 de xaneiro os derradeiros militares israelís retiráronse da franxa de GazaLast Israeli troops 'leave Gaza', BBC.. Pese a todo, o bloqueo da franxa de Gaza continúa por parte de Israel, como demostra o feito de que Israel impedira a un buque libanés entregar axuda humanitaria na franxa de GazaIsrael bombardea nave libanesa con ayuda humanitaria para Gaza, telesurtv.net ..
Contexto
A franxa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, xa que ten unha poboación de 1.500.202 habitantes nunha área de 360 quilómetros cadrados, nos que case a metade da poboación ten menos de 14 anos (44,7 en xuño de 2007)CIA The World Factbook ..
As eleccións lexislativas palestinas de 2006 deron como gañador á organización islámica Hamas, posteriormente denominada terrorista pola Unión EuropeaCouncil Decision Consello da Unión Europea, 21-12-2005. e mailos Estados Unidos de AméricaChapter 6 Terrorist Groups, U.S. State Dept., 27 de abril de 2005.. Hamas acadou o 44,45% dos votos (74 escanos) e Fatah, a segunda forza recibiu o 41,43% (45 escanos). Tralo conflito militar entre Hamas e Fatah, Hamas asumiu o control administrativo e Exipto pechou o paso fronteirizo de Rafah e Israel pechou os demais pasos fronteirizos e impuxo un bloqueo ó territorio en xuño de 2007. A situación de desesperación e de crise humana obrigou ós palestinos a racha-lo bloqueo mediante túneles subterráneos que conectaban a franxa de Gaza con Exipto, para levar comida e obxectos de primeira necesidade, así como produtos de contrabando. Israel afirmou que a través dos túneles Hamas estaba procedendo a armarse.
De acordo coa Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios, entre 2005 e 2008 116 israelís, incluíndo civís e membros das Forzas de Defensa Israelí, resultaron mortos tanto en Israel coma en Territorios palestinos e 1.509 resultaron feridosReports to the end of october 2008 , outubro de 2008 .. Durante este mesmo período de tempo, 1.735 palestinos, incluíndo civís e militantes de diversos grupos foron asasinados mentres que 8.308 resultaron feridos en ataques israelís.
Tregua entre Israel e Hamas de 2008 dereita|300px|miniatura|Número de mortos en Israel e na franxa de Gaza en 2008. miniatura|dereita|Foguetes lanzados a Israel en 2008. miniatura|dereita|Obuses de morteiro lanzados a Israel en 2008. O 19 de xuño de 2008 entrou en vigor un cesamento do fogo entre Hamas e o goberno israelí, mediado polo goberno exipcioRockets hit Israel, breaking Hamas truce, International Herald Tribune .. En rigor, este acordo nunca se chegou a cumprir, xa que o cesamento das hostilidades non se produciu na súa totalidadeGaza Truce May Be Revived by Necessity, The New York Times .. Entre a materia do acordo atopábanse a apertura dos pasos entre a franxa de Gaza e Israel, así como a apertura do paso de Rafah, entre a franxa e Exipto. Tamén se comtemplaba o inicio das negociacións para a liberación do soldado israelí secuestrado por Hamas Gilad ShalitThe Six Months of the Lull Arrangement, Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center .. Ademais, a parte palestina, agardaba a fin do bloqueo que Israel impuxera sobre Gaza, e que provocou unha verdadeira catástrofe humanitaria. Nun documento do Intelligence and Terrorism Information Center israelí a tregua divídese en dous períodos: Do 19 de xuño ó 4 de novembro: hai un marcado descenso no lanzamento de foguetes ó oeste do Negev. Esporadicamente viólase a tregua A ONU rexistrou entre o 19 de xuño e 26 do mesmo mes 8 violacións da tregua por parte das forzas israelís e 3 por forzas palestinas, non asociadas a HamasFACTBOX-Israel, Palestinians trade blame for truce violations, Reuters ..