Michael Paul Beasley, nado o 9 de xaneiro de 1989 en Frederick, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Cangrejeros de Santurce do Baloncesto Superior Nacional (BSN). Cunha altura de 2,06 metros xoga na posición de ala.
Traxectoria deportiva Instituto Xogou os catro anos de instituto en catro colexios diferentes, con 138 vitorias e só 5 derrotas. Promediou 28 puntos e 16 rebotes no seu último ano. Foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos sub-18, onde promediou 13,8 puntos e 8,3 rebotes por partidos.
Universidade Xogou unha temporada nos Wildcats da Universidade de Kansas State, pero bastoulle para amosar que estaba preparado para xogar na NBA, facendo 26,2 puntos por partido e 12,4 rebotes por partido. O 14 de abril de 2008 anunciou a súa intención de presentarse ao Draft da NBA, renunciando aos 3 anos que lle quedaban como universitario.
Profesional Miami Heat (2008–2010) miniatura|Michael Beasley facendo un mate, 2009 O 26 de xuño de 2008 foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2008 polos Miami Heat.HEAT Select Michael Beasley In The 2008 NBA Draft Asinou polos Heat o 2 de xullo.Heat Sign Beasley No seu debut na Summer League da NBA o 7 de xullo, Beasley anotou 28 puntos e capturou 9 rebotes (e 2 asistenciasBeasley, Chalmers Shine in Pro Debut) en 23 minutos de xogo.Beasley takes Round 1 with fellow top draft pick RoseBeasley stars in summer league debut Foi segundo na liga en rebotes conseguidos, e empatou no terceiro posto de anotación na Summer League de 2008.HEAT: HEAT Player 2008: Michael Beasley No seu primeiro adestramento con Miami, foi golpeado accidentalmente no peito polo cóbado dun compañeiro.Beasley elbowed in chest during first Heat practice Foi evaluado e ao día seguinte volveu ao equipo cun hematoma no peito, e só participou nos exercicios sen contacto.Beasley returns to summer-league workout after bruising chest Tiña lixeiramente fracturado o externo, e puido adestrar con normalidade 2 días despois do golpe.Beasley resumes contact drills with Heat
No seu primeiro partido da pretempada, Beasley anotou 16 puntos contra os Detroit Pistons.Beasley's Preseason Debut Nos seguintes partidos fixo 21 puntos e 7 rebotes contra os Nets,Nets 100, Heat 98 – Box score – October 9, 2008 12 puntos e 11 rebotes tamén contra os Nets,Heat 92, Nets 94 – Box score – October 12, 2008 14 puntos e 6 rebotes contra os Magic,Magic 100, Heat 92 – Box score – October 18, 2008 19 puntos contra os Grizzlies,Grizzlies 85, Heat 102 – Box score – October 21, 2008 14 puntos e 3 rebotes contra os Hornets,Heat 80, Hornets 100 – Box score – October 23, 2008 e 19 puntos e 9 rebotes contra os San Antonio Spurs.Heat 96, Spurs 93 – Box score – October 24, 2008 No primeiro partido da tempada 2008-09, Beasley anotou 9 puntos na derrota contra os New York Knicks. Conseguiu unha anotación de dobres díxitos nos seguintes nove partidos, incluíndo 25 puntos contra os Charlotte Bobcats, o que supuso a súa máxima anotación da tempada, o 1 de novembro.Michael Beasley: Complete 2008–09 Regular Season Game Log
Despois da eliminación dos Heat na primeira rolda dos playoffs de 2009, sóubose que Beasley, xunto ao seu compañeiro Mario Chalmers, tamén rookie, foron sancionados en varias ocasións durante a tempada por violar as normas internas do equipo.http://msn.foxsports.com/rumors/nba#10
Durante a tempada 2009-10 foi titular en todos os partidos. O 19 de febreiro de 2010 liderou a vitoria dos Heat contra os Memphis Grizzlies con 30 puntos, o máximo da súa carreira, xunto con 8 rebotes. Nesa tempada, fixo 14.8 puntos e 6.4 rebotes por partido. Na derrota en primeira rolda dos playoffs de 2010 contra os Boston Celtics, baixou a súa media a 10.4 puntos e 5.8 rebotes.
Minnesota Timberwolves (2010-2012) O 12 de xullo de 2010, Beasley foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio dunha elección en segunda rolda do draft do 2011 e do 2014. Beasley foi traspasado para facer oco salarial para Miami, para asinar aos axentes libres LeBron James e Chris Bosh, e para asinar outra vez con Dwyane Wade.
O 10 de novembro de 2010, liderou a vitoria dos Timberwolves sobre os Sacramento Kings con 42 puntos, o máximo da súa traxectoria, conseguindo tamén 9 rebotes. Rematou a tempada entre os 20 máximos anotadores da liga, con 19.2 puntos por partido.
Phoenix Suns (2012-2013) O 20 de xullo de 2012, Beasley asinou un contrato por 3 anos e 18 millóns de dólares cos Phoenix Suns.Suns Sign Michael Beasley
Los Angeles Lakers (2018-2019) O 23 de xullo de 2018, Beasley asinou cos Los Angeles Lakers. O 7 de febreiro de 2019, Beasley foi traspasado xunto a Ivica Zubac ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala. Dous días máis tarde, foi cortado polos Clippers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Prince George, Maryland Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks Categoría:Xogadores dos Shandong Heroes Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Guangdong Southern Tigers Categoría:Xogadores dos Cangrejeros de Santurce