Peter Rufai, nado en Lagos o 24 de agosto de 1963 e finado na mesma cidade o 3 de xullo de 2025, foi un futbolista nixeriano. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección nixeriana. Era fillo do rei Rufai de Idimu, unha rexión nixeriana nas proximidades de Lagos.

Traxectoria Tras xogar de 1980 a 1984 cos Stationary Stores e en 1985 cos Femo Scorpions (ambos clubs de Nixeria), en 1986 fichou polo equipo beninés Dragons de l'Ouéme. En 1989 fichou polo KSC Lokeren belga e polo KSK Beveren (tamén belga) en 1992, para irse en 1993 aos Go Ahead Eagles holandeses, onde xogou 12 partidos e ao Sporting Farense portugués en 1994.

En xaneiro de 1997 fichou polo Hércules CF, onde se foi alternando con José Miguel Mari e Gaëtan Huard na portería alacantina. No verán de 1997 ficha polo Deportivo da Coruña, onde case sempre foi o porteiro suplente, estando á sombra de Jacques Songo'o. Trala súa etapa en Galicia, en 1999 volveu a Portugal no Gil Vicente FC, onde se retirou.

Durante un tempo viviu en España, onde dirixía unha escola para adestrar novos porteiros.

Selección nacional Rufai xogou 65 partidos coa Selección de fútbol de Nixeria e marcou 1 gol ademais de xogar o Mundial de fútbol de 1994 e o Mundial de fútbol de 1998 e gañar a Copa Africana de Nacións de 1994.

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Artigo sobre Rufai na blog Renaldinhos y Pavones

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Lagos Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Go Ahead Eagles Categoría:Xogadores do SC Farense‎ Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Gil Vicente Futebol Clube‎ Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Nixeria Categoría:Finados en 2025