La Vila Joiosa (en valenciano: La Vila Joiosa , en castelán: Villajoyosa, cooficiais), chamada normalmente La Vila e antigamente Alonis, é un concello do País Valenciano situado na costa da provincia de Alacant. Ten 32.534 habitantes (censo de 2008) e é a capital da comarca da Marina Baixa e cabeza de partido xudicial. Popularmente é coñecido co dito: "De la Vila i plores, cabra fotuda" (Da Vila e choras, cabuxa fodida). miniatura|290px|Vista do barrio de Sant Joan

Xeografía La Vila Joiosa atópase 32 km ao nordeste da cidade de Alacant. É a capital da comarca da Marina Baixa.Fonte: Descrición de La Vila Joiosa en CostaBlanca.org. Páxina da deputación de Alacant. Polo casco urbano de La Vila Joiosa pasa o río Amadorio, procedente do pantano de Relleu. O termo municipal ten 15 km de costa.

Dende Alacant accédese a esta localidade pola AP-7 ou a N-332. O TRAM Metropolitano de Alacant, o trenet de la Marina de FGV, que leva dende Alacant até Dénia ten en La Vila Joiosa unha parada facultativa e de cruzamento de trens (a estación ten 4 vías) e polo menos 3 máis no seu municipio.

Localidades limítrofes Limita cos termos municipais de Aigües, El Campello, Finestrat e Orxeta.

Demografía Con 30.550 habitantes segundo o censo do 1 de xaneiro de 2007, Villajoyosa é o 12º municipio da provincia de Alacant por poboación. O 18,2% da poboación do municipio era no 2007 da inmigración (da que un 61,1% era doutras nacionalidades da UE).Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidades (principais nacionalidades). Evolución demográfica de La Vila JoiosaFonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación desde 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996. 1857 1887 1910 1930 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007 Poboación 9.110 8.763 9.152 8.715 9.315 11.006 16.258 20.638 23.160 24.246 29.263 30.550

Economía Cidade de grande tradición pesqueira, actualmente na súa economía destacan as industrias de chocolate e o turismo.

Praias Praia L'Esparrelló Praia Racó del Conill

Notas

Vila Joiosa Categoría:La Vila Joiosa