Xirivella (en valenciano e oficialmente Xirivella) é un concello da Comunidade Valenciana. Pertence á provincia de Valencia e está situado na área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.633 habitantes (INE 2008).

Xeografía Xirivella sitúase na Horta de Valencia, ao oeste da capital. O termo municipal de Xirivella limita coas localidades de Alaquàs, Aldaia, Quart de Poblet, Mislata, Picanya e a Cap i Casal, todas elas da provincia de Valencia.

O clima é clima mediterráneo. A súa situación na chaira de Quart fai que posúa un relevo plano e moi apto para a agricultura. Orixinariamente o río Turia non bañaba o seu termo municipal e a súa horta era bañada pola canle de rega de Faitanar, a cal continua en funcionamento. Trala riada de 1957, modificouse a canle do río Turia e construíuse a nova canle mediante o proxecto "Plan Sud". A partir de entón, Xirivella viu dividido o seu territorio en dúas partes: unha pegada a Valencia capital, ao leste, e o groso do termo municipal, ao oeste.

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial do Ajuntament de Xirivella Federación Valenciana de Municipios e Provincias - Guía Turística Xornal dixital Xirivella Hui Actualidade de Xirivella. Mostra Internacional de Pallasos.

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia Categoría:Área metropolitana de Valencia