Alaquàs é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.297 habitantes (INE 2008).

Xeografía Situado a 42 m de altitude e con 3,9 km² de extensión, localízase na Horta de Valencia, a 7 km ao oeste da capital provincial e pertencente á comarca da Horta Oest. Limita ao norte e ao oeste co municipio de Aldaia, e ao Sur co de Torrent e o de Picanya, e finalmente ao Leste co de Xirivella.

Historia Antiga alquería musulmá, a súa titularidade foi outorgada por Jaume I a Bernat Castellnou no ano 1238, o cal cambiouna por outras posesións a Ponç Soler. Posteriormente, confiscóuselle e pasou a mans da Coroa. En 1319 Joan Escrivà comprou o señorío e despois adquiriuno a familia Vilaragut, que o venderon no século XV aos Aguilar. Despois pasou a ser patrimonio dos Pardo de la Casta. Un dos membros desta familia, Lluís Pardo, obtivo o título de conde de Alaquàs no ano 1577. Máis tarde, o condado pertenceu aos marqueses de Manfredi e, despois ao barón de Bolbait. Deste momento consérvase o palacio-castelo levantado baixo o patrimonio de Lluís Pardo de la Casta e recentemente recuperado para o público xeral polo Concello de Alaquàs; trátase dunha construción de planta cuadrangular, con catro torres de 25 m. de altura, das cales só conservábanse tres. Nunha recente restauración reconstruíuse a cuarta torre.

Etimoloxía O nome de Alaquàs é de orixe arábiga, xa que provén do árabe al-aquas الأقواس, é dicir, "os arcos" ou "as arcadas", e fai referencia a unha localidade situada ao redor de vinte quilómetros do Barranc de Torrent. Como un caldeirón procedente de Manises está construída con moitas arcadas, ou debido á posible existencia dunhas arcadas dalgunha ponte moura xa desaparecida, os árabes chamárono desta forma. Xa durante a conquista cristiá, logo de sitiar a localidade, Jaume I deu a Berenguer de Castellnou Alaquaz, tal como consta no documento de concesión.

Demografía Nos anos 60 do século XX produciuse unha grande chegada de inmigrantes de Andalucía e Castela o que fixo aumentar a poboación considerabelmente até acadar uns 24.000 habitantes en 1986 e chegando aos 30.297 no ano 2008.

Evolución demográfica de AlaquàsFonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996. 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 2008 Poboación 1.846 2.062 2.370 2.672 2.765 3.276 3.753 4.332 8.116 19.639 23.550 24.107 26.939 30.104 30.177 30.297

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Ajuntament de Alaquàs Web cidadá do Ajuntament de Alaquàs Web do Castelo de Alaquàs Festival de Rock de Alaquàs

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia Categoría:Área metropolitana de Valencia