Helen Elizabeth Clark, nada o 20 de febreiro de 1950 en Hamilton, é unha política neozelandesa que foi primeira ministra de Nova Zelandia desde o 5 de decembro de 1999 ata o 18 de novembro de 2008. Posteriormente dirixiu o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, entre 2009 e 2017.

Foi a segunda muller en ser primeiro ministro en Nova Zelandia, logo de gañar a elección de 1999. Anteriormente, Jenny Shipley foi tamén primeira ministra. Clark gañou tres eleccións seguidas. Foi forte opositora á invasión de Iraq, liderada polos Estados Unidos. Baixo o seu mandato enviáronse tropas a Afganistán para axudar á súa reconstrución. Apoia as políticas antinucleares de Nova Zelandia dos últimos 20 anos.

Helen Clark é Membro Honorario da Fundación Internacional Raoul Wallenberg. Pertence ao Partido Laborista de Nova Zelandia.

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Hamilton, Nova Zelandia Categoría:Primeiros ministros de Nova Zelandia Categoría:Políticos do Partido Laborista do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Auckland