Atila en Galicia é o título do segundo dos tres álbums da guerra que publicou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en 1937, no seu labor na defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia por parte dos fascistas.
Contido e características O álbum foi editado en Valencia en xullo de 1937 polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, francés, inglés e sueco. Foi reeditado por Akal en 1978, nun facsímile que popularizou o álbum en España.
O propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:
Véxase tamén
Bibliografía
: Atila en Galicia. Estampas por Castelao, Akal, Madrid 1978. , H. (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Obras [Castelao] (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia, Vigo 2000. Outros artigos Galicia mártir Milicianos Galicia Libre (Madrid)
Ligazóns externas Atila en Galicia. Estampas por Castelao
Categoría:Obras pictóricas de Castelao