O "Cara al Sol" é actualmente o himno de Falange Española de las JONS e foi canto nacional durante o franquismo. Foi composto principalmente por José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá coa música do compositor vasco Juan Tellería, Amanecer en Cegama.

Historia O 17 de novembro de 1935 a dirección de Falanxe empezou a ver a necesidade de ter un himno para a agrupación. Foi á saída dun mitin cando se viu a conveniencia de poder cantar un himno en actos como ese. Na estrea do filme La bandera José Antonio convocou a outros falanxistas como María Jesús Mora, Rafael Sánchez Mazas, José María Alfaro e Dionisio Ridruejo para unha reunión no bar madrileño La Cueva del Orkompon. O 3 de decembro de 1935 reuniuse a chamada escuadra de poetas, composta por José Antonio, José María Alfaro, Agustín de Foxá, Dionisio Ridruejo, Pedro Mourlane Michelena, Jacinto Miquelarena, Rafael Sánchez Mazas e o marqués de Bolarque así coma o músico guipuzcoano Juan Tellería.

A directriz de Primo de Rivera foi clara:

Cun deixe de ironía, o fundador de Falaxe ameazou con dar unha dose de aceite de rícino ao que faltara a dita reunión. Nunhas horas de traballo quedou realizado o "Cara al sol", que sería presentado no mitin do Cine Europa de Madrid o 2 de febreiro de 1936.

Trala fin da guerra civil, pasou a ser un dos himnos oficiais franquistas xunto á Marcha Real e a Marcha de Oriamendi.

En abril de 2000 o Estado adquiriu a partitura orixinal deste himno, titulado orixinalmente por Tellería como "Canto de guerra y paz de Falange Española", deixándoo depositado, xunto con outras partituras do músico guipuzcoano na Biblioteca Nacional.

Na actualidade, o "Cara al sol" é entoado en tódolos actos convocados por Falanxe Española e en datas simbólicas do franquismo como o 20 de novembro, porén de que Falanxe non considera adecuada a súa vinculación ao franquismo.

Notas

Categoría:Composicións musicais do século XX Categoría:Composicións musicais con todos os dereitos reservados Categoría:Himnos Categoría:Falanxismo Categoría:Cancións da guerra civil española