Val de San Fernando, (en inglés San Fernando Valley), é un val urbanizado ó sueste de California, nos Estados Unidos. Gran parte das súas comunidades son parte da sección norte da cidade dos Ánxeles.
Xeografía O Val de San Fernando está rodeada polas Montañas de Santa Susana ó noroeste, Simi Hills no oeste, na Serra de Santa Mónica ó sur, as Montañas Verdugo polo leste e o noroeste das Montañas de San Gabriel. A maior parte do Val de San Fernando atópase na cidade dos Ánxeles, índa que varias cidades máis pequenas tamén se atopan no val. Burbank e Glendale áchanse no recuncho do sueste do Val, Hidden Hills e Calabasas na esquina de sur-oeste, e San Fernando, que está completamente rodeado pola cidade dos Ánxeles, atópase no val, ó norte. Mulholland Drive, que percorre o longo do cordal da Serra de Santa Mónica, e define as comunidades do val de Hollywood e a "Westside" (ao oeste) dos Ánxeles.
Historia Os amerindios Tataviam, tamén coñecidos como Fernandeños foron os habitantes orixinais do val polo menos 6000 anos antes de que os españois no 1797, fundase a Misión de San Fernando Rey de España. É nomeado en honor de Fernando III de Castela.
O tratado ou acordo que deu por terminada a guerra entre os Estados Unidos e México, ratificouse en California, asinándose o fin do conflito no Paso de Cahuenga, no sitio coñecido como Campo de Cahuenga en 1847. Este paso conecta o val e a cunca dos Ánxeles.
Antes da construción do acueduto do val Owens dos Anxos, a maioría do val era de ambiente rural. O val pasou a formar parte da cidade oficialmente en 1915, pasando así a se duplica-la súa área metropolitana nese intre. A cidade continuou anexionándose zonas do val como o canón Loureiro (1923), Lankershim (1923), Sunland (1926), canón Tuna (1926), a poboación de Tujunga (1932), e Porter Ranch (1965). Con estas ampliacións sucesivas, aumentouse o territorio urbano dunhas 169 millas cadradas ás 224 actuais. Cinco pequenas poboacións no leste do val fóronse incorporando tamén como cidades pequenas: Glendale (1906), Burbank (1911), San Fernando (1911), Hidden Hills (1961), Calabasas (1991).
O Val é coñecido polos seus numerosos intentos de se separar dos Ánxeles. A primeira tivo lugar na década de 1970, pero o Estado aprobou unha lei que prohibe a formación dun novo municipio sen a aprobación do consello municipal que depende. En 1977, Bob Hertzberg e Tom McClintock pasaron un decreto que faría máis fácil a separación, ó eliminar o dereito de veto do Consello, en van. O intento máis recente, no 2002, tamén fracasou.
Cidades ou distritos O val de San Fernando inclúe as siguintes cidades: Os Ánxeles Burbank Calabasas Hidden Hills San Fernando Glendale
Amais, estes barrios dos Ánxeles están situados no val: Arleta Balboa Park Cahuenga Pass Canoga Park Chatsworth Encino Granada Hills Lake View Terrace Lake Balboa La Tuna Canyon Mission Hills NoHo Arts District North Hills North Hollywood Northridge Pacoima Panorama City Porter Ranch Reseda Sepulveda Shadow Hills Sherman Oaks Studio City Sun Valley Sunland Sylmar Tarzana Toluca Lake Toluca Woods Tujunga Valley Glen Valley Village Van Nuys Ventura Business District- Centro Financeiro Warner Center- Centro Financeiro West Hills West Toluca Winnetka Woodland Hills
Categoría:Xeografía de California Categoría:Os Ánxeles