BellónMaceiras Quinteto é un grupo musical galego formado en 2007.

Traxectoria Naceu en 2007 ao incorporárense Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero ao dúo BellónMaceiras, formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras. En 2010 publicaron o seu único disco, FolkFusión. Neste traballo, ademais de amosar dende un punto de vista propio algunhas culturas do mundo, tamén realizaron as súas propias composicións, mesturando a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega. Realizaron actuacións en España e fóra dela, en lugares como Lorient, Bruxelas, Colfiorito (Italia) ou Viana do Castelo.

Discografía FolkFusión (2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bellonmaceiras.com

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos galegos de música tradicional