miniatura|250px|Santelmo nos mastros dun barco no mar.

O fogo de santelmo ou simplemente santelmo (de Santo Elmo) é un meteoro eléctrico consistente nunha descarga de efecto coroa electroluminescente provocada pola ionización do aire dentro do forte campo eléctrico que orixinan as tormentas eléctricas. Chámaselle «fogo», pero na realidade é un plasma de baixa densidade e relativamente baixa temperatura provocado por unha grande diferenza de potencial eléctrico atmosférica que excede o valor de ruptura dieléctrica do aire, en torno a 3 MV/m

Este fenómeno toma o seu nome de Erasmo de Formia (santo Elmo), patrón dos mariñeiros, os que tiñan observado o fenómeno da antigüidade e crían que a súa aparición era de mal agoiro.

Fisicamente, é un resplandor brillante branco-azulado, que nalgunhas circunstancias ten aspecto de lume, a miúdo en dobres ou triplos chorros xurdindo de estruturas altas e afiadas como mastros, pináculos e chemineas.

O santelmo obsérvase a miúdo nos mastros dos barcos durante as tormentas eléctricas no mar, nas que tamén se alteraba o compás. Benxamín Franklin observou correctamente en 1749 que é de natureza eléctrica. Tamén se dá nos avións e dirixibles. Nestes últimos era moi perigoso, pois moitos deles cargábanse con hidróxeno, gas moi inflamable, e podían incendiarse, tal como pasou no 1937 co dirixible Hindenburg.

Dise que tamén pode aparecer nas puntas dos cornos do gando durante as tormentas eléctricas e nos obxectos afiados na metade dun tornado, pero non é o mesmo fenómeno que o raio globular, aínda que poden estar relacionados.

Na Grecia Antiga, a aparición dun único fogo de santelmo chamábase Helena e cando eran dous chamábanselles Cástor e Pólux.

Citas Hai referencias ao fogo de santelmo nas obras de Xulio César (De Bello Africo 47), Plinio o Vello (Naturalis Historia ii.101) e Herman Melville, así como no diario de Antonio Pigafetta sobre a súa viaxe con Fernão de Magalhães.

Outra referencia:

Charles Darwin observou o efecto mentres estaba embarcado no Beagle unha noite que estaba ancorado no río da Prata e describiu o episodio nunha carta a J. S. Henslow:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bóla de lume de Naga Efecto coroa Fogo fatuo Raio globular

Categoría:Meteoroloxía