A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.
Historia En 1812 promúlgase a Constitución das Cortes de Cádiz na que se dispón por primeira vez a creación das deputacións provinciais. En 1813 instálase a primeira deputación en Galiza, con sede en Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña ese mesmo ano. En 1814 a constitución é derrogada e as deputacións son eliminadas. En 1820 coa volta ao réxime constitucional, instáurase na cidade da Coruña a segunda Deputación de Galiza, que desaparecerá dous anos despois para dar paso a catro novas deputacións, conforme á división territorial de España en 1822 aprobada polas Cortes do Trienio liberal na cal se dividiu o reino de Galiza en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo; o 1 de xuño de 1822 creouse a Deputación Provincial da CoruñaLa memoria de toda la provincia La Voz de Galicia. En 1823 o absolutismo fixo desaparecer as deputaciónsA Deputación da Coruña, unha institución con historia e a división provincial creada un ano antes.
Creación Trala reimplantación do réxime liberal a partir da promulgación do Estatuto Real de 1834, e xa estando en vigor a división territorial en provincias de 1833 realizada por Javier de Burgos, a creación da Deputación da Coruña tivo lugar o 21 de novembro de 1835.
Presidencia 1977-1979: Manuel Fraga Solar 1979-1987: Enrique Marfany Oanes (UCD/PDP) 1987-1989: José Manuel Romay Beccaría (AP) 1989-1995: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE) 1995-1999: Augusto César Lendoiro (PP) 1999-2003: José Luis Torres Colomer (PP) 2003-2011: Jesús Salvador Fernández Moreda (PSdeG-PSOE) 2011-2015: Diego Calvo Pouso (PP) 2015-actualidade: Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
Representación provincial O pleno da deputación está formado por 31 deputados. Logo das eleccións municipais de 2019 repetiuse o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG en xullo de 2015, polo que continuou a ser presidente o alcalde socialista das Pontes, Valentín González Formoso. O vicepresidente é o edil nacionalista carballés Xosé Regueira Varela, en substitución da súa compañeira de partido, a compostelá Goretti Sanmartín Rei. A representación dos diferentes partidos políticos é a seguinte: Composición da Deputación tras as eleccións de 2019Partido políticoVotos%Deputadosesquerda|senmarco|44x44pxPartido Popular de Galicia (PPdeG)201.79033,04%14esquerda|senmarco|34x34pxPartido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)178.16129,17%11esquerda|senmarco|40x40pxBloque Nacionalista Galego (BNG)75.22912,32%4esquerda|senmarco|40x40px Marea Atlántica25.2904,14%1esquerda|senmarco|40x40px Alternativa dos Veciños20.0573,28%1 Distribución dos escanos por partidos xudiciais. Partido xudicial35x35px30x30px30x30px30x30px30x30pxDeputadosBetanzos112Carballo113Corcubión11A Coruña4311110Ferrol2215Noia213Santiago de Compostela4318Total141141131
Notas
Véxase tamén Outros artigos Deputación de Lugo Deputación de Ourense Deputación de Pontevedra Premio Castelao de Banda Deseñada