Campo de Mouro é un lugar da parroquia de Mouriscados, no concello pontevedrés de Mondariz. Tiña 58 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 24 homes e 34 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 63 habitantes.
Este lugar é o núcleo urbano da parroquia e nel sitúanse a igrexa, un torreiro da festa, un peto de ánimas e dúas fontes. Moi preto, no calvario que esta ó lado do torreiro hai dous cruceiros de pedra do país. Tamén esta en fase de construción a Casa da Cultura.
Lugares e parroquias Lugares de Mouriscados
Parroquias de Mondariz
Notas
Categoría:Lugares de Mondariz