Astérix gladiador (en ) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996. En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.

Sinopse O prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse grazas á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en Edicións Xerais

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1964 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego