Erhan Emre, nado o 4 de setembro de 1978 en Berlín, é un actor alemán de orixe kurda. Ocasionalmente tamén traballa como guionista, director de curtametraxes, así como tamén como produtor cinematográfico. Traxectoria Fillo de pais inmigrantes procedentes de Turquía, creceu en Berlín-Kreuzberg cos seus sete irmáns. A familia é orixinaria de Xinis (provincia de Erzurum). A súa estrea cinematográfica foi en 1997, no filme de Thomas Arslan, Geschwister – Kardeşler. Realizou máis papeis no cinema e na televisión, por exemplo en Gran Paradiso (1999) ou Tartot (2002 e 2006).
Na adaptación cinematográfica da novela de Gaby Hauptmann Suche impotenten Mann für's Lebena (2003) realizou o papel de Wilko. En Zeit der Wünsche (2005) de Rolf Schübel Emre foi o actor protagonista, ao lado de Lale Yavas e Tevfik Baser. No filme de Detlev Buck Knallhart (2006) deu vida ao traficante Hamal.
Como produtor, produciu varias curtametraxes, ademais da longametraxe Urban Guerrillas que dirixiu Neco Celik.
No ano 2008 actuou na serie Unschuldig como o médico forense Sebastian Krüger ao lado de Alexandra Neldel e Clemens Schick.
Filmografía Cine Ano Filme Papel Notas 2012 Kaddisch für einen Freund Aabid Sahawi 2010 Takiye: Allah yolunda Metin Aksu 2008 Ask tutulmasi 2008 Meine Mutter, mein Bruder und ich! Areg 2006 Knallhart Hamal 2003 Suche impotenten Mann für's Leben Wilko 2002 Elefantenherz Bülent 2001 Birth:day Tommy 2000 Gran Paradiso Rocky 2000 Freunde Tuncay 1999 Dealer 1997 Geschwister - Kardesler
Televisión Ano Filme/Serie Papel Notas 2012 Mordkommission Istanbul Ender Akgül 1 episodio 2011 Unter anderen Umständen Cem Ergün 1 episodio 2011 Mandy will ans Meer Tercan 2008 Unschuldig Dr. Sebastian Krüger 12 episodios 2002-06 Tatort Ahmet Turgut 2 episodios 2006 Brennendes Herz Saladin 2005 Zeit der Wünsche Mustafa 2004 Experiment Bootcamp Rashid 2003 Alltag Jabbar 2003 Club der Träume - Türkei, Marmaris Mehmet 1999 Einsatz Hamburg Süd Mehmet Arbakan 1 episodio
Director Ano Filme Notas 2005 Jack und Bob Tamén guionista
Produtor Ano Filme Notas 2006 Liebe der Lieblosen 2004 Hinter der Tür 2004 Urban Guerillas
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Berlín