miniatura|100px|Placa. miniatura|Cantón norte e fonte da Plaça de l'Ajuntament. miniatura|O Ajuntament e a fonte. A Plaça de l'Ajuntament (en galego Praza da Casa do Concello) é o nome que recibe a praza máis grande e céntrica da cidade de Valencia. Durante o franquismo, recibía o nome de Plaza del Caudillo e despois da Transición, Plaça del País Valencià até 1987. Entre 1936 e 1939, nomeábase Plaça Emili Castelar. Hai unha proposta por parte do Consello Valenciano de Cultura para que reciba o nome de Xaime I, o fundador do Reino de Valencia.
Descrición Ten unha forma triangular, coa Plaça del Mercat ao norte e a praza da Estació del Nord ao sur. Na beira oeste atopamos o Ajuntament de València, e ao leste o edificio de Correos. Ao norte da praza hai unha grande fonte, e ao sur, un grande espazo aberto rodeado de escaparates de flores. A súa fisionomía actual ven da reforma realizada polo arquitecto Javier Goerlich entre 1931 e 1935, aínda que xa desapareceu o mercado neobarroco de flores soterrado que recibira o nome popular de La Escupidera.
Edificios destacábeis Ajuntament de València Casa Barrachina de Goerlich. Edificio "Assicurazioni Generali" Edificio de Correus de Miguel Angel Navarro de 1922. Casa Ernest Ferrer Construído no 1913 por Almenar Quinzá. Edifici Noguera de Francesc Mora i Berenguer, 1909. Edificio Suay ou Edificio de l'Equitativa de Francesc Mora i Berenguer, 1909. Edificio Gil de Rieta Síster en 1931 Edificio Cervera Tamén de Rieta Síster, 1932. Edificio Sanchez Garcia Albert Ballesteros, 1930. Edificio Martí Alegre de Goerlich, 1935. Edificio Rialto (actual Filmoteca e Teatros da Generalitat Valenciana), obra de Borso di Carminati 1939. Edificio de l'Ateneu Mercantil de València 1953. Edificio Balanzà de Almenar Quinzá segundo o proxecto de Goerlich, 1928. Edificio de Telefónica de Cárdenas Pastor 1928. Edificio La Equitativa 1927. Edificio Societé Generale de la Banque de Carbonell Pañella, 1927. Edificio Vitalicio de Goerlich, 1930.
Opinións Segundo Joan Fuster é una de les places més horribles que coneix l'experiència urbanística de la humanitat (unha das prazas máis horríbeis que coñece a experiencia urbanística da humanidade). Joan Francesc Mira cre que Fuster esaxera.
Fallas Durante as Fallas a parte central praza está pechada por grandes estruturas enreixadas, xa que cada día ás dúas da tarde fanse espectáculos de pirotecnia chamados mascletades. Fora do espazo da mascletà, plantase a falla do Ajuntament, habitualmente dos máis grandes e custosos e así como a súa correspondente falla infantil.
Véxase tamén Outros artigos Plaça de la Mare de Déu Plaça del Mercat
Bibliografía Artigo "Javier Goerlich Lleó" da Enciclopedia de la Comunidad Valenciana. Editorial Prensa Valenciana. Valencia, 2005. ISBN 84-87502-56-3 JOAN F. MIRA (1992): València. Guia Particular. Barcanova. ISBN 84-7533-808-9 (Páxina 117).
Ligazóns externas Historia da Praza do Ajuntament
Ajuntament