A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Ten amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.Guillarei Adif
Situación ferroviaria A estación de Guillarei está situada no punto quilométrico 140,5 da liña férrea de ancho convencional que une Monforte de Lemos con Redondela.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento Trátase dun tramo de vía única electrificada.
Ademais, é o quilómetro cero da liña férrea de ancho convencional que une Guillarei coa localidade portuguesa de Valença do Minho, que é de vía única sen electrificar.
Historia A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A compañía encargada das obras foi MZOV. O ramal á fronteira portuguesa, pola súa banda, quedou aberto ao tráfico o 1 de xaneiro de 1884. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Spanishrailway En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios Longa Distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Media distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada Ourense-Empalme | <> | Vigo-Guixar'''
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información da estación na web de Adif
Guillarei Categoría:Tui