Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia Aínda que se atopa no tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña aberto ao tráfico o 2 de agosto de 1878 polo EstadoCronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles, non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresa Fontecelta.
A estación As instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Pedrelo-Céltigos Categoría:Sarria