Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria Está situada no punto quilométrico 275,4 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 402 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Quereño e A Barosa. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media Distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe <> Destino 6 Rexional Exprés León Ponferrada <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de estacións de tren de Galicia

Ligazóns externas Información da estación na web de Adif

Covas Categoría:Rubiá