Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".Liña Zamora-Ourense Afzamorana É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.
A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif
Vilar de Barrio Categoría:Vilar de Barrio