Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 4,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 27 metros de altitude, entre as estacións de Redondela-Picota e de Arcade.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento

Historia En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Spanishrailway Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Cesantes. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe 1 MD A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Cesantes Categoría:Transporte en Redondela