Sela é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Sela, no concello de Arbo, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 114,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 50 metros de altitude, entre as estacións de Arbo e As Neves.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación foi inaugurada o 25 de decembro de 1881 coa aperta do tramo Arbo-As Neves da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada Ourense-Empalme <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Sela Categoría:Arbo