Alicia no país das marabillas Alicia no país das marabillas en Xerais ou As aventuras de Alicia no País das MarabillasNome que lle dá á obra en galego o Portal das Palabras é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas.
Foi publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.
Características
miniatura|180px|Facsímile da obra, cunha ilustración do propio Lewis Carroll. O conto vén ateigado de alusións satíricas aos amigos do propio Carroll, á educación inglesa e a temas políticos de xacando. O País das marabillas descrito na historia está fundamentalmente creado a través do emprego lúdico da lóxica. Tanto foi así que a obra acadou popularidade nos máis variados ambientes, xa fose o dos cativos xa o dos matemáticos ou os intelectuais. Moitas veces se fala desta obra e do seu autor como referentes do posterior surrealismo así como das vangardas históricas do século XX.
Nesta obra aparecen algúns dos personaxes de máis sona de Carroll, coma o Coello Branco, o Sombreireiro, o Gato de Cheshire ou a Raíña de Corazóns, quen co tempo se farían coñecidos máis aló do mundo propiamente literario.
Consérvanse unicamente 23 copias da primeira edición de 1865, das que 17 pertencen a distintas bibliotecas e as restantes fican en mans privadas. O libro ten unha segunda parte, moito menos coñecida, que leva por título Alicia do outro lado do espello (Through the looking-glass, and what Alice found there, de 1871).
A obra foi traducida a numerosas linguas, entre elas o galego: a tradución fixérona Teresa Barro e Fernando Pérez-Barreiro Nolla, e publicouna Edicións Xerais en 1984. En 1998, un exemplar da primeira edición foi vendido en poxa por un millón e medio de dólares, converténdose así no libro infantil máis caro até o momentoEste récord foi superado en 2007 por Los cuentos de Beedle el Bardo, de J. K. Rowling, vendido en 3,98 millóns de dólares.Alicia en el país de las Maravillas. Ecu Red.
Adaptacións cinematográficas A Alicia no País das Marabillas de Carroll ten inspirado filmes e adaptacións televisivas diversas. Nesta listaxe soamente se recollen as adaptacións directas da novela orixinal, non de traballos derivados desta. Aparecen co título orixinal.
Alice in Wonderland (1903, 1910, 1915) Filmes mudos. Alice in Wonderland (1931, 1933, 1941) Alice in Wonderland (1951) longametraxe de debuxos animados da Disney Alice in Wonderland (1966) Filme televisivo Alice's Adventures in Wonderland (1972, 1976, 1981) Musical Alisa v Zazerkale (1981) Debuxos animados Alice in Wonderland (1983) Filme televisivo baseado no musical de Broadway Fushigi no Kuni no Alice (1983) Anime Alice in Wonderland (1999) Filme televisivo Abby in Wonderland (2008), Especial para Sesame Street. Alice in Wonderland (2010), Filme de Tim Burton.
Notas
Véxase tamén
The Annotated Alice
Bibliografía
Outros artigos Síndrome de Alicia no país das marabillas
Categoría:Obras literarias de 1865 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Literatura infantil Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego