miniatura|dereita|220px|Exemplo de Curriculum vitae en inglés. O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae e tamén, na forma abreviada, como currículo, significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos"). Tamén é habitual atopalo mencionado coa abreviatura CV.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Recompilación de usos na prensa escrita.

Categoría:Locucións latinas