Cursus honorum ("carreira dos honores"),Villegas Darrouy (2012) é a denominación da carreira política en Roma e que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Para desempeñar unha maxistratura precisábanse unha serie de requisitos como; ser cidadán romano; dispor dunha certa fortuna (posto que os cargos eran de balde, non se recibía remuneración ningunha) e, deste xeito, se formaba parte da elite patricio-plebea; non estar en ningunha causa de indignidade e ter demostrado unha mínima experiencia na xestión dos asuntos públicos.Manjas (2010), p. 76
Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíña que ascender dende a escala inmediatamente inferior. O cursus honorum comprendía catro etapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.
- Os cuestores (quaestores aerarii) tiñan como función coidar do tesouro público, levar as contas do estado e custodia-lo arquivo, que estaba depositado no templo de Saturno.Manjas (2010), p. 77 - Os edís estaban encargados de velar polo bo funcionamento da administración municipal e ademais controlaban os festexos, os mercados e coidaban os templos. - Os pretores encargábanse da administración de xustiza. - Os cónsules debían ser dous. Tiñan o poder supremo e eran os xefes do exército e presidían o Senado.Había dous cónsules anuais, chamados ordinarii ou ordinarios, que daban nome ao ano (epónimos), e un ou máis substitutos ou suffecti.
Ademais destes cargos existían outros que non pertencían ao cursus honorum:
- Tribunos da plebe: velaban polos dereitos dos plebeos.
- Censores: confeccionaban o censo de cidadáns e vixiaban a pureza dos costumes.
- Ditador: era unha maxistratura extraordinaria á que só se recorría cando as graves circunstancias así o requirían, polo que todos os poderes se concentraban nunha persoa. Dispuña dun prazo de seis meses para resolver o problema que suscitara a súa proclamación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Locucións latinas Categoría:Dereito romano Categoría:Goberno da Roma antiga