miniatura|300px|Vista de Utrera no serán Utrera é un municipio español da provincia de Sevilla, na comunidade autónoma de Andalucía.

Pertence á comarca de La Campiña e é cabeza de partido xudicial, ao que tamén pertencen os municipios de El Coronil, Los Molares, Los Palacios y Villafranca e El Palmar de Troya.

É considerada un dos berces históricos do flamenco, tamén o berce do touro bravo, no seu amplísimo termo municipal existen varias ganderías famosas. Tamén destaca a súa cría de cabalos.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña en 2018 unha poboación de 52.617 habitantes.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Utrera - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía (SIMA) O patrimonio cultural de Utrera na Guía Dixital do Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico Utrera flamenca: 20px emisión do 5 de xuño de 2014 do programa de Radio Clásica Nuestro flamenco, con José María Velázquez-Gaztelu.

Categoría:Cidades de Andalucía Categoría:Concellos da provincia de Sevilla