O Gran Suxi (ミスター味っ子, Misutā Ajikko) é un anime baseado nun manga de Daisuke Terasawa que se publicou na revista Shonen Magazine e que se recompilou en 19 tomos. A serie de televisión foi emitida orixinalmente entre 1987 e 1989 no Xapón, e contaría cun total de 99 episodios. En Galiza foi emitida a partir de 1994 na TVG dentro do contedor Xabarín Club. O 11 de outubro de 2010, reestrease a serie na canla tvG2 dentro tamén no devandito programa.
A historia xira ó redor de Suxi (Yôichi Ajiyoshi, na versión orixinal), un rapaz que ten un don para a cociña e que, xunto á súa nai, rexenta un pequeno restaurante. A tranquila vida de Suxi dá un xiro inesperado cando un dos críticos culinarios máis prestixiosos do Xapón, Aji-ô, fica pampo e marabillado tras probar un prato de katsudón (un porco rebozado con ovo sobre unha base de arroz) que lle prepara o pequeno cociñeiro.
A historia gañou o premio ao mellor Shōnen na edición de 1988 dos Premios Kōdansha.
Sinopse Suxi vive só coa súa nai nun restaurante desde que o seu pai desapareceu no mar. Suxi prosegue os pasos do seu pai, un gran cociñeiro, entón, pasa a se-lo cociñeiro do restaurante. Para defendelo fronte á competencia, terá que lograr gañar concursos entre restaurantes e á vez pasmar a Aji-ô, un prestixioso crítico culinario. A partir dese intre, Suxi irá a través do país para defender os valores dos pequenos restaurantes e doutros grandes cociñeiros. Asemade, continuará a súa viaxe culinaria co coitelo dunha famosa fabricante.
Despois dunha vitoria e a ledicia de ter obtido o seu propósito, Suxi comeza un nova viaxe.
Dobraxe Voz xaponesa / Voz galega / Personaxe orixinal / galego
Minami Takayama / Carolina Vázquez / Youichi Ajiyoshi / Suxi Hôchû Ôtsuka / ? / Takao Ajiyoshi Kiyoshi Kobayashi / ? / Genichiro Murata Yuzuru Fujimoto / ? / Aji-ô / Rei da gastronomía Shôzô Îzuka / Miguel Pernas / Chef Marui / Mario Ai Orikasa / Chema Gagino / Maurice
Capítulos O rei da gastronomía Os espaguetis do cociñeiro O día do concurso Kazuma, o xenio da salsa Unha misteriosa piña tropical Unha sopa excelente Unha vitoria ben merecida Mil astucias pra cociñar ben unha carne Preparado pra o concurso O gratinado de sardiña A hamburguesa salvadora Un encontro de alto nivel Concursando por unha caseta A traizón dos xurado A caixa das comidas preparadas O último invento de Suxi Suflé de sardiñas Paixón polo chocolate O gran Suxi contra o robot As aspiracións de Xiba O gran concurso Os finalistas Catro concursantes detrás do gran premio Preparando a gran final A gran final En busca de Kazuma Suxi e Kazuma forman equipo Un equipo marabilloso Os legumes tamén cantan O canto da natureza Servicio rápido O arco da vella Listo pra o desafío O sabor recuperado Cinco contra un A merenda infantil A primeira derrota de Suxi A páxina da historia Un fabuloso coitelo de cociña As anguías do cociñeiro A verbena Suxi derrota o campión do mundo O rei do mar Os segredos do mar A proba de supervivencia Camiñada pola montaña A decisión final A placa douro da gastronomía A despedida de Mario Un postre moi ben presentado Un ingrediente misterioso Segredo de cociñeiro O gran Suxi en Hong Kong Desafío en Hong Kong A illa sagrada O traidor O templo da gran tradición As trinta e cinco células O pazo en perigo Facer trampas non é xogar Os tallaríns de Muramasa Suxi contra Muramasa Un primeiro de Xaneiro en familia Un desafío moi especial En busca do Diablo do Norte Suxi contra Sekiba no festival do xeo Desafío no super tren Alex II O segundo desafío Yuta e o club de futuros cociñeiros Os futuros cociñeiros retan o Gran Suxi Reparto a domicilio O profesor do monóculo A carta de Mario As confesións O derradeiro desafío A festa da primavera Na busca de Ajio Suxi e Kazuma contra Kampei e Okara Desafío da Asociación de Gastrónomos Unidos na clase floral do segundo grao Suxi contra as fillas dos Sete Coitelos Desafío do mollo picante, o contraataque de Camón e Mori O arroz con carne picante estilo alemán de Suxi e Kazuma Desafío co Vento do Gusto Desafío con entrega: Alude con udón especial Ocorreu algo terrible... o señor Tareme vai camiño do altar Desafío de croquetas orixinais nun barco de pasaxeiros precioso Desafío de gusto nun restaurante establecido hai moito tempo Desafío de coxotes de polo á grella con vitoria polo mollo especial Restaurante Amencer á tarde Mitsuko, Cricket e o xeado Desafío de xeados durante a canícula O home máis irresponsable do Xapón O home irresponsable contra o afecto de Otomi Ikiro é desafiado outra vez O desafío máis importante da vida de Suxi Espertemo-la memoria de Ajio Os segredos de Kazuma Na procura do gusto supremo Gracias, señor Ajiyoshi
Véxase tamén Ligazóns externas O Gran Suxi en Anime News Network
Categoría:Anime con versión galega Categoría:Manga Categoría:Xabarín Club