Picheleiro é un xentilicio non oficial co que se designa os habitantes da cidade galega de Santiago de Compostela.

Orixe O termo, etimoloxicamente de orixe francesa, orixinouse pola rivalidade con outras vilas galegas. Ao ter Santiago de Compostela unha longa tradición de grandes artesáns prateiros e acibecheiros, os picheleiros eran artesáns que facían picheis e diversos trebellos de cociña. Para esta tarefa, servíanse do estaño, un metal moito menos nobre. De aí o xentilicio.

A industria do estaño en Compostela tivo unha importancia capital, tal e como indica Eladio Rodríguez no seu dicionario:

Notas

Véxase tamén Bibliografía García, Constantino (2003): O Libro das Palabras (Obra periodística completa). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3682-7. Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia. Outros artigos Cascarilleiro Peltre

Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Terminoloxía