Broken Flowers é un filme estadounidense e francés, dirixido por Jim Jarmusch en 2005, e protagonizado por Christopher McDonald, Mark Webber, Jeffrey Wright, Sharon Stone, Jessica Lange, Julie Delpy, Bill Murray, Chloë Sevigny, Tilda Swinton, Frances Conroy, Heather Alicia Simms. Está encadrado no xénero de comedia dramática.
Argumento Don Johnston, un home maduro e solteiro empedernido, foi abandonado pola súa última conquista, Sherry. Resignado a seguir coa súa vida, ve como todo cambia cando recibe unha misteriosa carta de cor rosa. É dunha antiga noiva que lle informa de que ten un fillo de 19 anos que podería estar buscándoo. O seu mellor amigo e veciño, Winston, detective afeccionado e home de familia, anímao a investigar ese misterio. E aínda que é pouco amigo das viaxes, Don embárcase nunha que o levará a percorrer o país en busca de pistas sobre catro antigos amores e posíbeis nais. As inesperadas visitas a estas mulleres farán que se enfronte ao seu pasado e se leve máis dunha sorpresa.
Personaxes Bill Murray como Don Johnston Jeffrey Wright como Winston Sharon Stone como Laura Daniels Miller Frances Conroy como Dora Anderson Christopher McDonald como Ron Anderson Jessica Lange como Dra. Carmen Markowski Tilda Swinton como Penny Julie Delpy como Sherry Alexis Dziena como Lolita Miller Chloë Sevigny como Asistente de Carmen Pell James como Sun Green Mark Webber como O rapaz
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Website oficial
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jim Jarmusch Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América