miniatura|dereita|"Virxe do Camiño Neocatecumenal" - Icona de Francisco Argüello Camiño Neocatecumenal é un movemento relixioso católicoAndrés-Gallego 2004, p. 323 (aínda que eles rexeiten a idea de movemento e prefiren a de "itinerario")que, segundo os seus estatutos —aprobados pola Santa Sé—, é delimitado como itinerario de formación católica ou fundación de bens espirituais.

Características Os iniciadores e membros non se autodenominan movemento nin sociedade dado o carácter eminentemente catequizador do itinerario. Esta expresión é a usada polos documentos oficiais para referirse ó "Camiño Neocatecumenal" (cf. Decreto de aprobación ad experimentum dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal, 29 de xuño de 2002.

Os seus iniciadores son os leigos españois Kiko Argüello e Carmen Hernández. Eles dous xunto co sacerdote italiano Mario Pezzi formaban, até 2016, no denominado Equipo Itinerante Responsable Internacional mais ó morrer Carmen Hernández en 2016, foi substituída por María Ascensión Romero.

O Camiño Neocatecumenal creouse cunha primeira comunidade neocatecumenal en 1964 no barrio de Palomeras, na periferia de Madrid, e estendeuse por todo o mundo. En España son coñecidos popularmente como lod "kikos"Veira Veira 2007, p. 102. e, na actualidade, están presentes en máis de 6.000 parroquias de 106 países, cuns 3.000 sacerdotes, 1.500 seminaristas e 78 seminarios Redemptoris Mater.

A Santa Sé defíneo como un "Itinerario de Formación Católica Postbautismal, válido para a sociedade e para os tempos de hoxe".

Nun primeiro momento, os seus Estatutos foron aprobados de forma temporal por cinco anos ("ad experimentum"), o 29 de xuño de 2002, polo Papa Xoán Paulo II. Posteriormente, a comezos do 2008 expediuse o decreto no que os estatutos se aproban definitivamente e o 13 de xuño de 2008, o Cardeal Stanisław Ryłko, Presidente dos Consellos pontificios, entregou o decreto de aprobación dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal xunto ao seu texto final, o que reafirma este itinerario como parte estrutural da Igrexa Católica.

Críticas En ocasións, especialmente antes da aprobación dos seus estatutos pola Santa Sé en 2008, o Camiño Neocatecumenal foi acusado por algúns medios de constituír un grupo fundamentalista e polos seus críticos de ser un movemento ultraconservador. Algúns sacerdotes e outros membros da Igrexa católica mostráronse remisos a permitir a entrada do Camiño Neocatecumenal nas súas parroquias, polas súas supostas singularidades doutrinais e os seus comportamentos e, dende o exterior do grupo, critícase o seu segredismo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Sitio oficial

Canle en YouTube

Categoría:Organizacións católicas